FAR FROM THE MADDING CROWD (William Blake)

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/O Ximnasio de Academo/FAR FROM THE MADDING CROWD (William Blake)

FAR FROM THE MADDING CROWD (William Blake)

FELIZ quen acollido nas sombras dalgún souto

As cabras pastorea carente de cobiza

E prende coa súa lira o lume dunha música

De outono engalanada con xestas, con acacias. 

Os tránsitos emprende por corgos e sendeiros

Sen ver sequera ao lonxe negocios dos humanos

E liba as augas limpas das follas con xeada

Ou toma das figueiras o froito madurado. 

Alí de noite ensume o corpo nunha manta,

Sosega os cans e deixa as cabras a durmir  

E entón o ceo enxerga en leda observación  
E toma da linguaxe dos astros a palabra.

Source: O Ximnasio de Academo

2018-12-18T14:31:25+00:00 18 / 12 / 2018|O Ximnasio de Academo|