Fame

Publica na nosa lingua a editorial Rinoceronte este libro de Knut Hamsun, Fame, libro que conta a historia dunha persoa totalmente descoñecida (non sabemos o seu nome nin o seu lugar de orixe) que anda polas rúas dunha cidade pasando moita, moita fame. Tanta, que é capaz de nola transmitir para que o lectorado a sinta ao mesmo tempo. Pero resulta tan curioso e asemade estrafalario que é quen de dar el mesmo esmolas ou de rexeitar axudas que coida atentan a súa propia diginidade; resulta verdaderamente exasperante! Para manterse, escribe artigos xornalísticos.
En primeira persoa, esta obra utiliza un estilo que é quen de traspasar as súas páxinas para obsesionarnos con este protagonista obsesivo (dan ganas de darlle unha labazada) e de enfadarnos coa súa visión da vida. Da súa vida, peculiarmente famélica.
Moi recomendable, ademais, polo peculiar uso do monólogo interior e por se converter nun referente da novela psicolóxica e pola fotografía da “fame” que nos dá.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-08-20T02:00:00+00:00 20 / 08 / 2019|Trafegando ronseis|