O pintor Urbano Lugrís Vadillo, fillo do coñecido Urbano Lugrís, faleceu onte na súa casa da Coruña. Lugrís, que tiña 78 anos, desenvolveu a súa carreira cun estilo no que mesturaba hiperrealismo e surrealismo e realizou diferentes exposicións en Madrid, Barcelona ou en galerías europeas e americanas. Ao igual que o seu pai, a súa produción ten unha grande presenza do mar.<br>
Source: NOVAS |culturagalega.org