Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín

Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín

978849121564.jpgEntendo como unha fortuna ter na man esta edición non venal dun dos libros poéticos de maior relevancia na historia da poesía galega contemporánea. O Concello de Redondela ideou realizar esta reedición especial de Estirpe, que conmemora os vinte e cinco anos da súa aparición en Edicións Xerais. Imposible non lembrar a presentación do libro no Auditorio do Areal en Vigo no ano 1994 e a lectura do poema “Miña casiña, meu lar” por parte do autor. Un libro do que sempre se aprende, polo que non pasan os anos e se pasan é para melloralo porque a memoria de nós pervive sempre aí.

Source: Caderno da crítica

2019-07-09T13:38:17+00:00 09 / 07 / 2019|Caderno da crítica|