Esenciais 2017 da ACDCómic (1º semestre)

Inicio/CÓMIC/Metrópoles Delirantes/Esenciais 2017 da ACDCómic (1º semestre)

Esenciais 2017 da ACDCómic (1º semestre)

A Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic elixe os  “esenciais” do primeiro semestre de 2017

Como cada ano por estas data a ACDCómic presenta a primeira quenda dos seus ‘Esenciais 2017’, unha selección de cómics coa que pretende fixar a atención sobre algunhas das obras máis destacadas entre as editadas en España. Son 25 novidades publicadas entre xaneiro e xuño de 2017, elixidas en votación por 53 dos integrantes da Asociación.

A selección contén una variada mostra do que ofreceu o mercado da banda deseñada no estado no que vai de ano. Porén, hai clásicos como ’Anarcoma’, de Nazario, ou ‘Siete vidas’, de Josep Maria Beà, ambos recentemente recuperados en novas edicións; e obras de autores españois tanto novos coma veteranos como ‘Un millón de años’, de David Sánchez, ‘Cosmonauta’, de Pep Brocal, ou a nova entrega de ‘Roco Vargas’ de Daniel Torres; tamén se incluen apostas de vangarda, como ‘Cortázar’, de Marchamalo e Torices, ou ‘Nuevas estructuras’, da galega Begoña García-Alén (Apa-Apa) . 

Da BD europea destacan títulos como ‘Arsène Schrauwen’, de Olivier Schrauwen, ‘De tripas y corazón’, de Pozla, ou a serie ‘Last Man’. Entre os americanos, ‘Poncho fue’, de Sole Otero, ‘The Wicked + The Divine’, de Kieron Gillen, Jamie McKelvie e Matt Wilson. Pola banda da BD asiática, destaca a inclusión por primeira vez dun título orixinario da República de Singapur, ‘El arte de Charlie Chan Hock Chye’, de Sonny Liew.

Os ‘Esenciais’ para o primeiro semestre de 2017 son:
  1. Anarcoma: Obra gráfica completa, de Nazario (La Cúpula).
  2. Arsène Schrauwen 3, de Olivier Schrauwen (Fulgencio Pimentel)
  3. Carlitos Fax, de Albert Monteys (¡Caramba!)
  4. Cortázar, de Marchamalo e Torices (Nórdica)
  5. Cosmonauta, de Pep Brocal (Astiberri)
  6. De tripas y corazón, de Pozla (Dibbuks)
  7. Disparen al humorista, de Darío Adanti (Astiberri)
  8. El arte de Charlie Chan Hock Chye, de Sonny Liew (Dibbuks / Amok)
  9. El informe de Brodeck, de Manu Larcenet (Norma)
  10. El perdón y la furia, de Altarriba e Keko (Museo del Prado)
  11. Ether, de Matt Kindt e David Rubín (Astiberri)
  12. La balada del norte 2, de Alfonso Zapico (Astiberri)
  13. La levedad, de Catherine Meurisse (Impedimenta)
  14. La mujer de al lado, de Yoshiharu Tsuge (Gallo Nero)
  15. Las torres de Bois-Mauri integral, de Hermann (Planeta)
  16. Last Man, de Balak, Sanlaville e Vivès (Diábolo)
  17. Los cuadernos de Esther, de Riad Sattouf (Sapristi)
  18. Nuevas estructuras, de Begoña García-Alén (Apa-Apa)
  19. Oscuridades programadas, de Sarah Glidden (Salamandra)
  20. Pinturas de Guerra, de Ángel de la Calle (Reino de Cordelia)
  21. Poncho fue, de Sole Otero (La Cúpula)
  22. Roco Vargas: Júpiter, de Daniel Torres (Norma)
  23. Siete vidas, de Josep Maria Beà (Astiberri)
  24. The Wicked + The Divine, de Kieron Gillen, Jamie McKelvie e Matt Wilson (Norma)
  25. Un millón de años, de David Sánchez (Astiberri)

Source: Metrópoles Delirantes – Cómic

2017-07-27T11:47:05+00:00 27 / 07 / 2017|Metrópoles Delirantes|