Entrevista en Radio Escaparate

Entrevista en Radio Escaparate

Radio Escaparate é un programa que realiza o alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Nel mestúranse comunicación, actualidade, cultura, creatividade e música, emitíndose os mércores ás 20.00 horas.

Foi un pracer participar nel e agradezo a profesionalidade e amabilidade de todas as persoas que quixeron contar comigo -grazas Ainhoa!- das que me atenderon telefonicamente e mais das entrevistadoras. Premendo aquí pódese oír o programa enteiro no que falei sobre Lapis na noite mais tamén arredor doutros temas a partir do minuto trinta aproximadamente. Xa son un “escaparatista” máis. Moitas grazas!

Source: Caderno da crítica

2018-11-14T21:20:37+00:00 14 / 11 / 2018|Caderno da crítica|