En el vertedero con Juan y Pedro

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/En el vertedero con Juan y Pedro

En el vertedero con Juan y Pedro

Sorprendeume moitísimo este álbum de Maurice Sendak que publica Kalandraka: En el vertedero con Juan y Pedro. Dos retahílas rimadas fala dun bebé raptado, fala da vulnerabilidade nun suburbio dunha gran cidade onde malviven nenos na rúa, en caixas de cartón. Resulta desasosegante ver un álbum con estas características predominando unha forte crítica social a unha sociedade que permite que a infancia sobreviva nas máis extremas condicións de desamparo. Hipnotiza asemade a sensibilidade coa que se trata esta vulnerabilidade, a lúa, o simbolismo, e tamén a esperanza que nos sostén nunha sociedade que adoita mirar para outro lado cando pasa a carón de vivendas que non o son, de vilas de papel e cartón que é mellor non ver, porque se se miran a fondo, o máis probable é que nos engula o medo a formar parte dese poboado nalgún momento. Aínda así, sempre hai persoas que nos devolven a fe porque loitan contra a lacra sistemática dun sistema social que está claro que non funciona.


Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-11-07T22:41:00+00:00 07 / 11 / 2019|Trafegando ronseis|