El libro de los a

El libro de los a

Genechten, Guido Van (2010), El libro de los abrazos, ilustr. Guido van Genechten, SM, (de 2 a 4 anos),
[22 pp], (987-85-675-3789-5).


Breve descrición do formato e contido da obra: atopámonos ante un conto de formato pequeno e cadrado, onde todas as páxinas son consistentes e do mesmo grosor. Na cuberta aparece o título da obra e algúns dos personaxes, e xa se vai indicando parte do contido da mesma. A contra cuberta segue o fondo da cuberta pero non ten nada que salientar.
En canto ao contido da obra, ao inicio do mesmo atopámonos ante un neno chamado Juan que lle pide una aperta a súa nai, e a partires de aí comeza una historia que se conta a través dunha sucesión de dobres páxinas nas cales aparecen diferentes animais (nai e fillo) dándose una aperta, cada un coas súas peculiaridades. Este conto destaca polo seu corido e por ser unha lectura sinxela.

Potencialidades: este conto, como ven indica o seu título “El libro de los abrazos”, amósanos a importancia que ten dar e recibir cariño para un neno, sobre todo polas súas persoas máis coñecidas: a súa mamá e o seu papá. Este pequeno conto tamén serve para relatar as diferentes formas que hai de abrazar e as diferentes formas que hai de amosar os nosos sentimentos sen necesidade de que sexa por medio de palabras. Ademáis de potenciar o ámbito dos sentimentos no cativo, tamén serve para traballar co mundo dos animais, que son os principais protagonistas das páxinas deste libro.

Source: primeiras lecturas

2017-05-19T09:24:36+00:00 30 / 04 / 2017|Primeiras Lecturas|