El ángel

Papeino, literalmente. Imposible despegarse das súas páxina. E o final… deixoume buscando un terceiro libro que semella inexistente. Espero que por pouco tempo!
Falo de El Ángel de Sandrone Dazieri, de quen xa vos falei onte, publicado por Alfaguara. Un ritmo trepidante para unha negrura que non deixa nada ao destino. Todo está perfectamente calculado e medido, e xa dende as primeiras páxinas quedamos prendidas na lectura. A parella protagonista cobra aínda máis forza ca na primeira entrega, se cabe, e adúlanos por completo: queremos seguir canda eles en todos os seus pasos. E é que o libro -igual que o primeiro- conta con xiros e máis xiros e con golpes de efecto, xa que o autor domina moi ben este xénero. Asemade, consegue unha lectura fluída cos capítulos pequenos que rematan con pequenas doses e intriga que obrigan a seguir adiante.
Aínda por riba, o final.
Así que estou totalmente prendada deste autor. Teño que lle dar as grazas por conseguir que estivese pegada ao libro tanto tempo. Xa pensaba que era imposible!

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-02-08T19:40:00+00:00 08 / 02 / 2019|Trafegando ronseis|