Dos caminos

Dos caminos

Con moi poucas palabras, Dos caminos de Guridi, álbum publicado por Libre Albedrío, amosa os percances e as pedras que no camiño topamos, que debemos solventar e salvar para seguir o noso percorrer, ese estraño camiño que a vida nos debuxa para tantas veces facernos caer e obrigarnos a levantarnos; si, a vida é moitas veces unha caixa de sorpresas, aínda que ás veces semella coherente; e tantas, tantas veces, agóchanos decisións difíciles, dúbidas, medos… Pero tamén ás veces agocha a necesidade de non estar sós, de termos outras persoas coas que falar, coas que compartir. Así, Guridi neste libro amosa de xeito curioso o poder da amizade (ou do amor, non queda moi claro) entre dúas persoas, dous camiños que conflúen, dous páramos nus, dous escenarios sobrios que serven para que potenciar a mensaxe da unión entre estas dúas persoas anónimas protagonistas.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2017-11-12T16:58:00+00:00 12 / 11 / 2017|Trafegando ronseis|