Doce filmes galegos e cinco estreas mundiais marcan o XIII Play-Doc

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega/Doce filmes galegos e cinco estreas mundiais marcan o XIII Play-Doc

Doce filmes galegos e cinco estreas mundiais marcan o XIII Play-Doc

A organización do Play-Doc, festival de documentais de Tui, presentaba esta mañá o programa súa XIII Edición. Un total de doce filmes galegos, entre eles 5 estreas mundiais, marcan o groso do programa do festival que se desenvolve desde o mércores 22 ata o domingo 26 de marzo. Así, Aysha, de Fon Cortizo; Una vez fuimos salvajes, de Carmen Bellas; Lenda Negra, de Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vincentelli; Quiasma, de Tono Mejuto e O equilibrio dous opostos, de Alberto Baamonde, son as primicias mundiais, ás que se suma a preestrea de Rapa das bestas, de
Jaione Camborda. Completan a selección galega Esquece Monelos, de Ángeles Huerta,La fuga de los 45, de Cristina Caamaño; Montañas ardientes que vomitan fuego, de Helena Girón e Samuel M. Delgado; Rust, de Eloy Domínguez Serén; Manuel Vilariño. Ser luz, de José Manuel Mouriño; e Vai chover, de Santiago D. Risco.

Na competición internacional proxectaranse os filmes Ama-San, de Cláudia Varejão, El futuro perfecto, de Nele Wohlatz, Le concours, Claire Simon, Libera nos (Liberami) de Federica di Giacomo e a mexicana Omar e Gloria, dirixida por Jimmy Cohen. A retrospectiva de Dominic Gagnon e a proxección de varios filmes seleccionados polo cineasta canadiano; o ciclo A revolución equivocada e as tres películas que se proxectarán na sección Retratos completan un programa que contará no apartado musical coa presenza de Joan As Police Woman & Benjamin Lazar Davis, Star Rover e The Dirty Coal Train.
Source: NOVAS |culturagalega.org

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|