Distinta, de Sozapato & Beto Valencia

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Distinta, de Sozapato & Beto Valencia

Distinta, de Sozapato & Beto Valencia

Sozapato & Beto Valencia

Distinta (tradución de Manuela Rodríguez)

Kalandraka, Pontevedra, 36 páxinas, 13 €, 2019

 

Coñecía o labor creativo de Sozapato ou, cando menos, o que se reflectía desta ilustradora e autora ecuatoriana no título Matilde que, no seu día, recensionara neste blog.

Nesta ocasión chega Distinta, co carimbo de ser distinguido como finalista no X Premio Internacional Compostela de Álbum ilustrado onde a ilustradora volve deixar patente o seu poderoso estilo propio pragado de  imaxes coloristas, ateigadas de símbolos que convidan a facer unha lectura metafórica e que imprimen unha dinámica explosiva e optimista pois, na realidade, talvez sexa este o espírito que aseñora a historia, minimalista e depurada, que subscribe Beto Valencia. Velaquí o protagonismo que encarna unha nena chamada Lúa que acredita nos valores da fantasía, os soños e mais a imaxinación diante da vida cotiá e da rutina que, porén, nunca logra contaxiala polo que consegue, abrazando aquelas conviccións, manterse afastada das consecuencias que a devandita rutina, mais tamén a soidade da vida urbana e a despersonalización dos nosos tempos proxectan na vida das persoas adultas.

 

Source: Caderno da crítica

2019-02-08T16:46:49+00:00 08 / 02 / 2019|Caderno da crítica|