Diego Alfonsín logra o Premio Lueiro Rey de Novela Curta coa obra ‘Non o saben as estrelas’

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Diego Alfonsín logra o Premio Lueiro Rey de Novela Curta coa obra ‘Non o saben as estrelas’

Diego Alfonsín logra o Premio Lueiro Rey de Novela Curta coa obra ‘Non o saben as estrelas’

Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) acaba de gañar o Premio Lueiro Rey coa novela ‘Non o saben as estrelas’. O galardón, que convoca o Concello do Grove, leva asociado (ademais de tres mil euros) a publicación da obra, posibilita a estrea do escritor tudense na nosa lingua. Ata o de agora tiña publicado en castelán Lenta demolición (Premio de Novela Miguel Unamuno 2015). O xurado do Lueiro Rey deste ano composto por Anxela Gracian, Mario Regueira, Lionel Rexes, Manuel Bragado e Armando Requeixo. Alfonsín Rivero, licenciado en Filoloxía Galega e Xornalismo, traballa como profesor de Secundaria nun instituto madrileño. Edicións Xerais vai ser a editora encargada de levar ás librarías esta última súa obra.

Podes ampliar información nesta nova do Faro de Vigo (edición Arousa)

 

Source: Letra en Obras

2017-12-12T09:40:50+00:00 12 / 12 / 2017|Letra en Obras|