Día das Artes Galegas 2017, Maruja Mallo.

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Polo Correo do Vento/Día das Artes Galegas 2017, Maruja Mallo.

Día das Artes Galegas 2017, Maruja Mallo.

Día das Artes Galegas do 2017,
Maruja Mallo,
meiga nova,
metade anxo, metade marisco,
entre verbena e espantallo,
toda a beleza do mundo
cabe dentro do ollo.

A nosa axenda:

Ás 11:00 h estaremos almorzando no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e pedindo “Pan!” como contaba Maruja… 
Grazas á Deputación de Pontevedra e A Devesa.
Achegádevos!

Ás 12:00 h no Salón do Libro de Pontevedra presentaremos
o segundo libro da colección Mulleres Galegas:
“Meiga nova, metade anxo, metade marisco.
Pequena biografía de Maruja Mallo.”

Ás 18:00 h na Casa do Pobo de Beluso, 
nun acto do departamento provincial de Cultura e Lingua, 
trataremos de recrear aquelas xuntanzas talentosas
que tiñan lugar na parroquia buenense, ao noso xeito,
con contos e debuxos.

Source: Polo Correo do Vento

2017-05-19T09:24:50+00:00 31 / 03 / 2017|Polo Correo do Vento|