Dez anos de clubs de lectura

Dez anos de clubs de lectura

Este vindeiro sábado o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acollerá un evento, ao meu ver, moi relevante como é a celebración das décimas xornadas dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario galegos. Como alguén que conduciu durante algún tempo dous clubs simultáneos estou convencido da importancia que atesoura tanto a propia existencia dos clubs como a celebración destes encontros anuais. Nesta ocasión especial, por se fose pouco, cóntase cun completísimo programa, extraordinariamente operativo para intercambiar experiencias e achegar o mundo da lectura ás persoas que, sen dúbida, mañá seguirán lendo.

Pola miña parte, encantado de actuar como moderador nunha mesa redonda na que participarán Ledicia Costas, Pedro Feijoo e Antón Riveiro Coello. Todo un luxo.

Arquivado en:Club de Lectura, Coloquio, Divulgación, Literatura galega Tagged: Antón Riveiro Coello, Ledicia Costa, Pedro Feijoo, Santiago de Compostela, X Xornadas dos Clubs de Lectura
Source: Caderno da crítica

2017-06-15T20:23:32+00:00 15 / 06 / 2017|Caderno da crítica|