Da Carapuchiña vermella a Nicolás cociña sen lume: dúas apostas pola integración a través da lectura e da educación

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Da Carapuchiña vermella a Nicolás cociña sen lume: dúas apostas pola integración a través da lectura e da educación

Da Carapuchiña vermella a Nicolás cociña sen lume: dúas apostas pola integración a través da lectura e da educación


 

Só cómpre saudar con gratitude e admiración a aparición de dous volumes de lecturas en lingua galega como son A verdadeira historia da Carapuchiña Vermella, en versión de Antonio Rodríguez Almodóvar e ilustracións a cargo de Marc Taeger, por unha banda, e o título Nicolás cociña sen lume, con ilustracións de Alicia Suárez, ambos os dous impulsados por Kalandraka e que contan con dúas versións textuais a cargo da Asociación BATA que posibilita, deste xeito e a través da adaptación discursiva á linguaxe de pictogramas, co obxectivo de que moitas persoas que demandan apoio educativo teñan ao seu dispor dous títulos en lingua galega.

Estas publicacións ábrenlles, aos usuarios e docentes, a posibilidade da aprendizaxe da nosa lingua e, xaora, achegan o pracer da lectura de dous libros complementarios como son, no primeiro caso, unha marabillosa versión da Carapuchiña inspirada en textos da tradición oral francesa e, no caso de Nicolás cociña sen lume, un libro práctico coa finalidade de preparar, a través de diversas receitas, pratos que non presupoñen un proceso de cocción cunha clara descrición de todo o proceso de preparación.

Moitos parabéns por esta iniciativa que detectou unha ausencia de material semellante en lingua galega e que o cobre con eficiencia e inequívoca profesionalidade. Oxalá goce de continuidade.

Source: Caderno da crítica

2019-10-02T20:40:34+00:00 02 / 10 / 2019|Caderno da crítica|