Cuestionario Proust: María Xosé Porteiro

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Cuestionario Proust: María Xosé Porteiro

Cuestionario Proust: María Xosé Porteiro

16422995_1443617998981858_6336437081492728129_o

María Xosé Porteiro (fotos Xoán Arco da Vella)

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– Cando cumpre, a ousadía.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A bondade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Fraternidade, sororidade.

4.– A súa principal eiva?

– As limitacións que vai traendo a idade.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Calquera que me active mentalmente.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Non teño.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– A dependencia.

8.– Que lle gustaría ser?

– Útil.

9.– En que país desexaría vivir?

– Neste.

10.– A súa cor favorita?

–  Vermella.

11.– A flor que máis lle gusta?

– Orquídeas.

12.– O paxaro que prefire?

– Ocas.

13.– A súa devoción na prosa?

–A literatura latinoamericana do S. XX.

14.– E na poesía?

– As poetas galegas.

15.- Un libro?

Tres Tristes Tigres.

16.– Un heroe de ficción?

– Sherlock Holmes.

17.– Unha heroína?

– Sherezade.

18.– A súa música favorita?

– A barroca.

19.– Na pintura?

– Abstracción lírica.  Expresionismo.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

–  Calquera que elixa, hoxe,  vivir no rural para que non morra.

21.– O seu nome favorito?

– Llerena.

22.– Que hábito alleo non soporta?

– A intromisión.

23.– O que máis odia?

– Non odio ben.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– A dos tiranos.

25.– Un feito militar que admire?

– Ningún.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– A sanación.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– En paz comigo mesma.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– Positivo.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– Calquera, agás a maldade.

30.– Un lema na súa vida?

-Vive e deixa vivir.

Source: Caderno da crítica

2020-03-20T18:38:51+00:00 20 / 03 / 2020|Caderno da crítica|