Cuestionario Proust: Carme Blanco Ramos

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Cuestionario Proust: Carme Blanco Ramos

Cuestionario Proust: Carme Blanco Ramos

Carme Blanco Ramos

1.– Principal trazo do seu  carácter?

–  Observadora.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A obxectividade.

3.– Que agarda das súas amizades?

– Confianza.

4.– A súa principal eiva?

– Calar o que penso.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Revisar as dedicatorias e os libros da miña biblioteca. Reler.

6.–  O seu ideal de felicidade?

– Ao día de hoxe,  ter cerca aos que máis quero.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

– Facer un dano irreparable a alguén.

8.– Que lle gustaría ser?

– Unha pintora impresionista.

9.– En que país desexaría vivir?

– No que vivo.

10.– A súa cor favorita?

– Vermello.

11.– A flor que máis lle gusta?

– A flor do magnolio.

12.– O paxaro que prefire?

– A pega.

13.– A súa devoción na prosa?

– García Márquez, Stendhal, Virginia Woolf,  F. Céline….

14.– E na poesía?

Rosalía, Emily Dickinson, Machado, Valente…

15.- Un libro?

Bella del Señor (Albert Cohen).

16.– Un heroe de ficción?

– Robin Hood.

17.– Unha heroína?

– Clara Campoamor.

18.– A súa música favorita?

Sabina, Serrat, e música clásica (Giuseppe Verdi).

19.– Na pintura?

– Os impresionistas en xeral (Cézanne, sobre todo).

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Tódolos refuxiados que intentan chegar a España ou a outro país.

21.– O seu nome favorito?

– Manuel.

22.– Que hábito alleo non soporta?

Cando fan xuízos de valor e non saben do que falan.

23.– O que máis odia?

– A violencia de xénero.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Franco!

25.– Un feito militar que admire?

– Quizais o día D. O desembarco de Normandía, polo que significou.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– O talento para compoñer unha ópera.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Durmindo.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– Optimista.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

– Coido que todos, ou case todos, que teñan unha explicación comprensible.

30.– Un lema na súa vida?

– Vive e deixa vivir. Ante todo ser feliz.

Arquivado en:Divulgación, Literatura galega Tagged: Carme Blanco Ramos, Cuestionario Proust
Source: Caderno da crítica

2017-08-17T15:06:36+00:00 17 / 08 / 2017|Caderno da crítica|