Cuestionario Proust: Brais Arribas

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Cuestionario Proust: Brais Arribas

Cuestionario Proust: Brais Arribas

IMG-20200317-WA0004

Brais Arribas

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

-A constancia, creo.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A alegría e a boa vontade.

3.– Que agarda das súas amizades?

-A proximidade sincera.

4.– A súa principal eiva?

– Co meu entorno podo ser excesivamente insistente e maniático.

5.–  A súa ocupación favorita?

– Nada estraño: estar a carón dos meus, viaxar e ler, claro.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Habitar unha comunidade global xusta e equilibrada. Teño instalada esa idea aristotélica de que o ben individual debe subordinarse ao común.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Experimentar a dor dos máis próximos e queridos.

8.– Que lle gustaría ser?

-Profesionalmente? Matemático ou físico teórico e inventor.

9.– En que país desexaría vivir?

– Non sei, por un tempo tempo nalgún moi diferente ao noso, polo feito de comezar de novo e revisar usos e costumes.

10.– A súa cor favorita?

– Vermello.

11.– A flor que máis lle gusta?

– Nin idea.

12.– O paxaro que prefire?

– Parécenme fascinantes as curuxas.

13.– A súa devoción na prosa?

– Vou ser estrito e contestarei só unha nas seguintes preguntas, aínda sendo dificilísimo. Prosa: Thomas Bernhard.

14.– E na poesía?

– Ía dicir Nietzsche, pero Horacio Quiroga.

15.- Un libro?

Alén do ben e do mal.

16.– Un heroe de ficción?

-Sen pensalo moito, Pekisch, de “Terras de cristal”.

17.– Unha heroína?

– De ficción? A que se me ven á mente é Lisbeth Salander.

18.– A súa música favorita?

– Radiohead.

19.– Na pintura?

– Goya.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

– Moitxs, os descoñecidos do cotián, que fan as cousas sen a prepotencia do que procura ser admirado.

21.– O seu nome favorito?

– Blanca (o nome da miña filla).

22.– Que hábito alleo non soporta?

– Dentro do bastante amplo catálogo de cousas diarias que me molestan (e sei que son eu!), escoitar sorber os mocos.

23.– O que máis odia?

– A soberbia das elites.

24.– A figura histórica que máis despreza?

– Franco.

25.– Un feito militar que admire?

– Os alzamentos populares contra os privilexiados.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

– Entre os posibles? Moitos, sobre todo os que palían as miñas carencias: habilidades manuais, memoria, poder de concentración, e moitos máis.

27.– De que maneira lle gustaría morrer?

– Sen remorsos –e se pode ser sen dor mellor-.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

– Unha serena impaciencia.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

–  A preocupación excesiva, a obsesión, por facer as cousas ben, agradar, etc. Tamén a inxenuidade.

30.– Un lema na súa vida?

– Deixar que o ser sexa.

Source: Caderno da crítica

2020-03-18T09:09:05+00:00 18 / 03 / 2020|Caderno da crítica|