Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes

Inicio/INFANTIL E XUVENIL/Trafegando ronseis/Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes

Proliferan ultimamente estes libros que nos traen historias de mulleres, ás veces esquecidas, ás veces ocultadas, coma este do que hoxe falamos: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. 100 historias de mujeres extraordinarias, publicado pola editorial Destino, de Elena Favilli e Francesca Cavallo. Este ten a peculiaridade de que en cada páxina, xunto cunha ilustración, a pequena biografía de cada muller está pensada como un conto tradicional, cun “había unha vez” e en lugar de princesas e trasnos temos unha historia real dunha muller que destacou nalgún ámbito. Unha biografía curta, pensada para ler antes de durmir, e para que nenos e nenas vaian coñecendo estes nomes que son importantes para a Historia da Humanindade pero que non sempre aparecen nos libros de Historia. Mulleres que non agardaron a que ninguén realizase os seus soños por elas, senón que tomaron a iniciativa e loitaron contra os estereotipos de xénero para cambiar a Historia.
100 mulleres valentes ilustradas por 60 artistas de todo o mundo. Un libro precioso.


Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2017-09-03T20:10:00+00:00 03 / 09 / 2017|Trafegando ronseis|