‘Crónicas de Arteixo’: arqueoloxía do que fomos para explicar o que somos

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/‘Crónicas de Arteixo’: arqueoloxía do que fomos para explicar o que somos

‘Crónicas de Arteixo’: arqueoloxía do que fomos para explicar o que somos

Xabier Maceiras

Na maior parte das comarcas do país hai escritores que indagan na historia das mesmas. Son autores e autoras que fan un traballo impagable: cronistas dun tempo que marchou e baluartes de comunidades que miran para o futuro sen perderen a memoria. Aínda que poucas veces transcenden o escenario local, moitos destes traballos son dunha notable calidade e convértense en pequenos milagres de vendas.

Un dos últimos exemplos do anterior é o libro Crónicas de Arteixo, de Xabier Maceiras. A obra, que se mergulla no pasado do municipio coruñés, é un crisol de historias e intrahistorias que contextualizan e axudan a explicar destas terras. O libro, que publicou recentemente Edicións Embora, é froito dun traballo de anos na rede. Maceiras mantén dende 2014 unha bitácora que neste tempo conseguiu unha gran repercusión entre a veciñanza deste municipio.

Arteixo é un municipio que no último medio século viu como se triplicaba a súa poboación (na actualidade, 31 mil habitantes). Nese tempo pasou de ser un concello eminentemente rural a converterse nun dos máis industrializados do país. Traballos como Crónicas de Arteixo axudan a recuperar a historia local, pero tamén, en boa parte, a do propio país.

 

Source: Letra en Obras

2017-07-11T16:45:06+00:00 11 / 07 / 2017|Letra en Obras|