‘Creep’, intrahistorias dunha canción que marcou a década dos 90

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/‘Creep’, intrahistorias dunha canción que marcou a década dos 90

‘Creep’, intrahistorias dunha canción que marcou a década dos 90

Este mes de setembro cúmprense 25 anos do lanzamento dunha das cancións máis emblemáticas da década dos 90. A banda inglesa Radiohead daba a coñecer ‘Creep’, un tema que, curiosamente, pasou bastante desapercibido ata que un ano máis tarde (1993) foi reeditado e se converteu nun éxito mundial. O peso da canción chegou a ser tal que Radiohead renunciou a tocalo durante anos debido a que o público apenas mostraba interese polo resto de cancións.

A historia de ‘Creep’ arranca cando Thom Yorke, o guitarrista e vocalista da do grupo, compuxo o tema cando era un estudante universitario. A letra narraba a historia dun estudante borracho que trataba de chamar a atención dunha moza da que se namorara, pero non podía facelo debido á súa baixa autoestima.

Pero que pasou para que un tema que pasara desapercibido se convertese un ano despois nun éxito. A razón principal foi a implicación dunha radio estudantil da cidade de San Francisco, que comezou a pinchalo case a diario e que conseguiu que se convertese nunha especie de himno entre os universitarios e, ao pouco tempo, en todo o mundo.

Deixámosvos o videoclip do grupo e un marabilloso cover que fixo en 2009 un sen teito estadounidense, Daniel Mustard, que acabaría gravando despois un disco propio.

Cover de Daniel Mustard

Source: Letra en Obras

2017-09-01T11:36:07+00:00 01 / 09 / 2017|Letra en Obras|