Cornelio

 Os libros de Leo Lionni saben debuxar un sorriso no lectorado, ese que permanece ao pechalo e queda impreso no ar durante bastante tempo. Ten esa habilidade, unha que só os grandes, moi grandes, posúen. Cornelio é un crocodilo que non se conforma, que quere saber máis que aquilo que semella estea escrito para el e para os da súa raza; pero non se amilana facilmente, e a súa curiosidade, enorme, permite unha aprendizaxe que parecía imposible. Grazas a aquela procurará novos lugares, lugares imposibles a priori. Pero non é tan difícil se realmente é o que se quere. Grazas á curiosidade poderá aprender el pero o mellor é que, a pesar do aparente desprezo, detrás virán máis que tamén quererán saber. Porque as portas do coñecemento non son pechas: deixémolas abertas sempre. Non nos rindamos. Manteñamos a curiosidade de canto haxa por descubrir. E é tanto!!!
En Kalandraka, claro.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2019-03-11T18:10:00+00:00 11 / 03 / 2019|Trafegando ronseis|