CONFERENCIA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NA UNIVERSIDADE DE MARTIN, TENNESSEE: A poesía como xeito de vida (Poetry as a Way of Life)

Inicio/INFORMACIÓN/Versos e aloumiños/CONFERENCIA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NA UNIVERSIDADE DE MARTIN, TENNESSEE: A poesía como xeito de vida (Poetry as a Way of Life)

CONFERENCIA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NA UNIVERSIDADE DE MARTIN, TENNESSEE: A poesía como xeito de vida (Poetry as a Way of Life)

Foto: Jana McFarlin

Na tarde de onte, 26 de setembro, no auditorio do edificio de Humanidades da Universidade de Tennessee en Martin, Antonio García Teijeiro, presentado por Antón García-Fernández, ditou unha conferencia arredor da súa obra diante dunha audiencia moi interesada formada por profesores e alumnado do departamento de linguas estranxeiras do centro universitario.

Foto: Casey Langley

A conferencia, a xeito de conversa bilingüe co presentador da mesma, tratou de achegar aos presentes as diversas formas de enfrontarse á obra literaria dun autor que leva escribindo máis de trinta anos. O acto consistiu, ademais, nun recital poético en castelán e galego, con introducións explicativas en inglés a cargo de García-Fernández. Houbo, finalmente, unha rolda de preguntas por parte da audiencia que podería ter sido aínda máis longa se se tivese disposto de máis tempo. Todo o acto desenvolveuse nun clima de cordialidade, de respecto e de agarimo pola palabra poética.


Foto: Casey Langley

Para todos aqueles e aquelas que non puideron estar presentes e que desexen coñecer como se desenvolveu a conferencia, deixamos aquí abaixo a gravación completa en vídeo dunha velada inesquecible e moi especial.


Source: Versos e Aloumiños

2019-09-28T00:05:00+00:00 28 / 09 / 2019|Versos e aloumiños|