Con Cervatos, de Lucía Novas, en Bueu

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO/Caderno da crítica/Con Cervatos, de Lucía Novas, en Bueu

Con Cervatos, de Lucía Novas, en Bueu

Este pasado venres, na sala Amalia Domínguez de Bueu, presentouse o libro de poemas Cervatos, de Lucía Novas, no que participei xunto coa autora e Luís Rei, director da colección de poesía Tambo no que se publica. Non teño dúbida de que a presentación resultou un éxito grazas á eficiencia de Paz Castro, de Kalandraka, e o vello amigo libreiro Fernando Miranda.

De Cervatos xa me referín hai algúns días nunha recensión que incorporei neste mesmo blog mais redirecciono aquí a crónica do acto que se acaba de publicar no blog de Kalandraka e que reproduce outra lectura, máis vagarosa e ampliada, que realicei ad hoc para este libro. Moitas grazas.

Source: Caderno da crítica

2018-01-31T15:50:55+00:00 31 / 01 / 2018|Caderno da crítica|