Cintadhesiva, Igmig, Mounqup, Pardo e Samarúas, bandas finalistas do Premio Narf: Queres saber como soan?

Inicio/INFORMACIÓN/Letra en Obras/Cintadhesiva, Igmig, Mounqup, Pardo e Samarúas, bandas finalistas do Premio Narf: Queres saber como soan?

Cintadhesiva, Igmig, Mounqup, Pardo e Samarúas, bandas finalistas do Premio Narf: Queres saber como soan?

O Premio Narf para Grupos e Artistas Musicais, que convoca a área de Cultura da Deputación da Coruña, xa ten finalistas: Cintadhesiva, Igmig, Mounqup, Pardo e Samarúas. Mais para saber o nome dos gañadores deste concurso aínda haberá que agardar ata o 15 de setembro. Un xurado composto por MJ Pérez, Uxía, Aída Saco, Sergio Tannus e Ánxela Baltar -do grupo Bala, gañador da anterior edición- presidido pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, tomará a súa decisión final na Sala Malatesta (Compostela) despois de ver a actuación ao vivo de todos os finalistas. Os premios están de 3000 euros para o primeiro clasificado, 2000 para o segundo, 1500 para o terceiro e 1000 para o cuarto e o quinto.

Este son os grupos Finalistas:

Cintaadhesiva

Conxuga diversas disciplinas como as artes escénicas, a poesía, a música e a videoarte. Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da escritora Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Cintaadhesiva podería inserirse no xénero recentemente incorporado “e-poesía” poesía con música electrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés, con reminiscencias do post-rock, dream-pop, ambient…

IGMIG

Podería ser un vocablo alemán de complicada pronuncia, pero IGMIG é un trío musical vigués de difícil clasificación. Fundado por (Ig)nacio Muñoz (Mercedes Peón, Budiño) na voz e teclados , e (Mig)uel Seoane (Budiño) na voz e guitarra, IGMIG comeza como dúo experimental alá polo 2001, ata que, anos mais tarde, entra en escena Suso Feixón (A Roda) e a súa percusión. Pospunk, rock progresivo, electrónica, música clásica do século XX e unha posta en escena teatral e eufórica definen a este trío, parte do colectivo musical La Metamovida. Despois do seu primeiro traballo, Shaishakarraskaishe (2014) os IGMIG voltan con Aí que lío! (2017), fieis a súa mestura de rock, electrónica, música contemporánea e world music.

MounQup

MounQup é un proxecto da cantante francesa Camille Hédouin domiciliada nunha aldea case abandonada de Ourense dende 2011. Despois de proxectos musicais moi diversos de folk, jazz, metal, lírico, electrónico, MounQup xurdiu en 2012 como “unha necesidade na soidade do bosque”. Cas influencias de The Knife, Animal Collective, Björk, ou CocoRosie, MounQup ofrece un universo musical onde as bases electrónicas mistúranse sutilmente con multitudes de voces, a veces anxélicas, a veces contundentes e potentes. O seu primeiro disco “Proba de Son” naceu co selo ourensán Molho.

Pardo

Tras formar parte de bandas como The Allnight Workers ou The loveless Cousins, Néstor Pardo decide emprender en solitario o seu proxecto máis persoal; PARDO baseado nas súas dispares influencias entre o early Jazz, o folk americano, o blues e as músicas de raíz. Tras un primeiro disco gravado unicamente con voz e guitarra “Waitin’To the other side”, o músico e compositor coruñés decide rodearse dunha banda formada por batería e contrabaixo para o seu segundo disco “Let it stay” á que sumará o piano no seu último traballo “Siento no haber sido lo esperado”.

Samarúas

SAMARÚAS achegan un folk fresco con personalidade propia. Veñen da canteira da música tradicional que recrean e presentan un proxecto integrado por gaita e saxo, percusións, voz, acordeón, violín, guitarra e batería. Un novo son que xurde das inquedanzas musicais e que se presenta en 2013. Gañadores do QueroStar no Son do Barbansa 2014 e 2º premio no Certame MúsicaXove 2014 na Sala Capitol, tocaron en festivais coma o FAM, Asalto ao Castelo, Folk Catalmibre, Festa Galega ou as Bodas de Isabel (Teruel) e colaboraron con eles grandes músicos como Kepa Junkera, Brais Maceiras ou José Catoira. Gravaron co produtor e músico Fernando Barroso e Tomás Ageitos (Estudio A Ponte, Teo). Tamén en Fundación SGAE Noroeste e BonhamStudios, ademais de presentar en xaneiro de 2017 o seu primeiro videoclip “NON” dirixido por Marcos Martínez e María Guitierrez (Mnweb) arredor dun poema de Celso Emilio Ferreiro.

Source: Letra en Obras

2017-07-31T12:54:57+00:00 31 / 07 / 2017|Letra en Obras|