Celia se aburre

Celia se aburre

Celia e Gloria Rico escriben e ilustran este álbum publicado  por Beascoa baixo o título Celia se aburre, merecente do Premio Boolino Álbum Ilustrado 2017, un álbum en verso que vén a ser unha cura contra o aburrimento de calquera neno ou  nena e que asemade fala do amor pola natureza. Porque non son as persoas maiores as que deben entreter ás persoas miúdas, senón que son elas mesmas as que deben procurar unha cura alternativa cando xa nada as convence. E para iso, chega con observar canto hai en derredor, canto se pode gozar da natureza e cantas opcións esta nos agasalla. Só hai que darlles unha oportunidade.

Source: TRAFEGANDO RONSEIS

2018-02-12T12:52:00+00:00 12 / 02 / 2018|Trafegando ronseis|