Cultura Galega

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega

Abre en Santiago a nova Galería Nordés de arte contemporánea

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Un novo espazo privado para a arte contemporánea ven de abrir as súas portas en Compostela. A Galería Nordés inaugurou este nadal a súa actividade na Rúa Algalia de Abaixo, no local no que antes estaba a galería Citania. Chus Villar, comisaria de arte e recente directora da Galería Trinta, á que estivo vencellada durante [...]

Entre Lume e Vendetta

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Tras un repaso polas listas máis coñecidas e prestixiosas dos medios españois especializados en música para comprobar a presencia e posición acadadas polas producións discográficas galegas do 2017 os discos Lume (Matapadre), de Bala e Vendetta (Autoeditado), o álbum de debut de Presumido, resultan ser os máis recoñecidos pola crítica. Ata outras sete referencias da [...]

AGADIC presenta a programación semestral da Rede Galega de Salas

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

AGADIC presentou a programación do vindeiro semestre da Rede Galega de Salas. Esta rede agrupa a cinco espazos escénicos "de titularidade privada e capacidade reducida": Teatro del Andamio e Sala Gurugú da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago de Compostela e Teatro Ensalle de Vigo. AGADIC financia con 28.000 euros a realización [...]

Proxectos audiovisuais galegos participan en festivais internacionais

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

O ano 2018 comeza a consolidar a presenza do audiovisual galego en diferentes citas internacionais. Entre as máis destacadas, a presenza da curtametraxe Matria de Álvaro Gago no prestixioso festival americano Sundance. A peza, que se comezou a emitir sábado e que se pode ver ata este xoves 25, fai parte do programa Shorts Program [...]

Quiosco: Glaucopis número 22

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

O Instituto de Estudios Vigueses acaba de publicar o número 22 de Glaucopis, a revista de temas culturais e históricos centrados na cidade e no sur de Pontevedra. Entre os traballos presentados neste número, hai desde artigos sobre as instalacións salinas da costa de Oia na Antigüidade, de Fernando Costas Goberna ou datos sobre os [...]

A Rede Galega de Música ao Vivo presenta datas e artistas

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Román Rodríguez, o Conselleiro de Cultura, presentou a programación da Rede Galega ao Vivo, que este ano ofrece 145 concertos en 23 salas de todo o país. Na programación deste ano concédese unha gran relevancia aos artistas galegos, que suman o 75% das contratacións. Entre eles están Marcos Teira, Aló Django, Víctor Aneiros, Dakidarría, Silvia [...]

A Xunta inicia a declaración BIC das esculturas do Mestre Mateo

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural as nove esculturas do Mestre Mateo que procedían da desaparecida fachada occidental de Santiago de Compostela. As esculturas teñen diversos propietarios: o Museo da Catedral de Santiago, o Museo de Pontevedra, ou propietarios particulares. Isto inclúe as dúas [...]

Eduardo Cunha Tatán recibirá o premio Maruxa Villanueva

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Fundador de Tanxarina Títeres e veterano da nosa escena, Eduardo R. Cunha Tatán acaba de ser galardoado co XVII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado, composto por Afonso Becerra, Carlos Biscainho, Comba Campoy, Inma López Silva e Roberto Pascual recoñeceu a "longa traxectoria e o maxisterio no teatro de obxectos" e mais "á [...]

Agar Ledo dimite do MARCO

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

A indefinida deriva do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) trouxo un novo episodio coa renuncia de Agar Ledo, responsable de exposicións e única cabeza artística do centro ante a ausencia de dirección. Ledo fixo público onte a través da súa conta de Twitter a súa decisión de poñer fin con carácter inmediato á [...]

Comezan os ensaios do Divinas palabras do Centro Dramático Galego

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Finalizado o proceso de selección, as persoas seleccionadas para interpretar a montaxe de Divinas palabras do Centro Dramático Galego incorporáronse ás primeiras sesións de traballo desta obra. Esta mesma semana comezaron os ensaios nos que, canda a Xesús Ron, director do espectáculo, e Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, que protagonizarán a obra, darán voz [...]

Load More Posts