Cultura Galega

Inicio/INFORMACIÓN/Cultura Galega

Lucecús teatro aposta pola ciencia-ficción en Logos

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Como "un xogo cósmico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico" presenta a compañía Lucecús Teatro a súa nova montaxe, Logos. A obra, que parte dun texto de Anxo Manoel e dirixe Santiago Cortegoso conta a historia de Nomi e Clin, "dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema" que [...]

Quiosco: Agália 113 e 114

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

A Associaçom Galega da Língua acaba de anunciar a publicación de dous novos números da súa revista Agália, os 113 e 114, que corresponden ao ano 2016. Investigacións de universidades brasileiras centran os contidos das dúas entregas, que recollen seis e nove textos desta orixe acompañados en cada caso dun traballo galego. A "Correspondência de [...]

Manolo Bacalhau leva ao disco os cantos da taberna con Sondobar

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, o ferrolán Manolo Bacalhau debuta no mercado discográfico con Sondobar. A seguir a súa traxectoria de colaboracións no campo da música da raíz, este cantor aposta pola reivindicación dos cantos de taberna para o seu primeiro traballo. Temas populares galegos e portugueses, poemas musicados de Rosalía ou Curros ou [...]

A Xunta desenvolverá dous proxectos piloto de aplicación das normas sobre a paisaxe

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

A seguir o desenvolvemento da Estratexia Galega da Paisaxe, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, anunciou onte no Parlamento as novas medidas que prevé desenvolver a Xunta neste ámbito. Entre as máis destacadas está a posta en marcha de dous proxectos piloto no que desenvolverán as normativas sobre paisaxe. Segundo [...]

Cristian Silva presenta Manual ególatra básico

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

A editorial Ton e Son está a presentar o terceiro volume da súa colección 20 pezas para gaita galega. Depois dos libros-CD de Carlos Estévez e de Xurxo Jachía, Cristián Silva continúa a serie con Manual ególatra básico. O volume recolle as transcricións dunha vintena de pezas para dúo, trío de gaitas e solista, moitas [...]

O catálogo Vigo Industrial quere pór de relevo o pasado da Cidade Olívica

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Coas cinco primeiras fichas botaba a andar onte o catálogo web Vigo Industrial. Esta iniciativa, promovida desde unha plataforma cívica e coordinada por Uxío Reinoso, pretende dar a coñecer o patrimonio fabril e industrial da cidade mediante unha serie de fichas que recollen unha clasificación de cada ben, unha recensión histórica, unha descripción, a valoración [...]

Tres espazos de Compostela acollen a exposición Con-secuencias

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

A Fundación DIDAC organiza e acolle a exposición Con-Secuencias. Colección DKV, unha selección dos fondos desta aseguradora que se poderá ver ata o vindeiro 1 de abril en tres sedes da cidade. Ademais deste espazo, a Igrexa da Universidade e a Fundación Granell albergarán traballos de 40 artistas que desde diferentes perspectivas seguen o fío [...]

Avento Producións frotan a lámpada de Aladino e sacan música

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

A Sala Ártika de Vigo acolle esta fin de semana dúas novas representacións da obra musical Aladino e a lámpada marabillosa , a máis recente produción da compañía Avento Producións para o público familiar. A compañía agasallará cun cartel asinado por todo o elenco aos espectadores que acudan disfrazados. O musical baseado nun dos relatos [...]

Renóvanse as salas da Fundación Camilo José Cela

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

O Conselleiro de Cultura inaugurou onte a renovación da museografía da Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia (Padrón). O novo percorrido, pensado especialmente para a comunidade educativa, avanza cronoloxicamente a través da vida do Premio Nobel e incorpora materiais da exposición CJC e fondos do Museo ferrocalirreiro John Trulock. Cutlura destaca que a nova [...]

As primeiras biografías de María Victoria Moreno chegan ás librarías

1970-01-01T00:00:00+00:00 01 / 01 / 1970|Cultura Galega|

Xa comezan a aparecer as primeiras biografías da mestra e escritora María Victoria Moreno, a quen se lle adica este 2018 o Día das Letras Galegas. Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey asinan en Xerais a biografía María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, un retrato próximo á autora que, en palabras [...]

Load More Posts