DE ESCRITORES GALEGOS

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS

Emerxencia feminista

2019-09-24T19:17:07+00:00 24 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á emerxencia feminista: O triple feminicidio da pasada semana acontecido no lugar de Carracido da parroquia de Cordeiro no concello de Valga volveu activar a emerxencia feminista galega nun verán que, tras o asasinato en xullo de María del Carmen Vázquez en Vilalba, resultou particularmente catastrófico [...]

Onte 2045: «A nena, o monstro e o mar», o regreso dos contos de Leopolda Diéguez

2019-09-19T20:25:09+00:00 19 / 09 / 2019|Brétemas|

Entre as novidades do verán non me pasou desapercibida A nena, o monstro e o mar de Teresa González Costa, a segunda historia relatada por Leopolda Diéguez. Como a primeira desta serie, Fred Quincalla, o nómade do mar, esta novela infantil ofrece a voz singular desta contadora xenial, viaxeira e facedora de artes máxicas, acompañada [...]

Memoria da imprenta en Mondoñedo

2019-09-19T12:03:50+00:00 19 / 09 / 2019|Caderno de campo|

Jesús López Díaz (Suc. de Mancebo) Nos arredor de 500 anos de historia da imprenta en Mondoñedo, anotamos en letras de molde unha data capital; o 16 de setembro de 2019, luns dos Remedios, inaugurouse na Casa dos Cóengos (entre a Catedral e o Seminario, a carón da casa natal de P. Veiga) o Centro [...]

Na honra da familia Fraiz Castellanos

2019-09-17T19:30:59+00:00 17 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar a memoria da familia Fraiz Castellanos: O pasado sábado fixéronse oitenta e dous anos do fusilamento de Víctor Fraiz Villanueva, militante comunista, mestre nacional de 50 anos, con escola en Coia, na rúa Tomás Alonso nº 62, e de Manuel Rodríguez Careu «Chato», comerciante [...]

Candidiña, a filla maior de Noriega Varela

2019-09-17T18:08:12+00:00 17 / 09 / 2019|Caderno de campo|

Chamábase Cándida Fernández-Noriega Bello e naceu en Foz tras o casamento de Antonio Noriega Varela con Ramona Bello en 1902, despois de malográrense os dous primeiros fillos varóns. Agora que se aproxima o 18 de outubro, 150 aniversario de nacemento do poeta Noriega en Mondoñedo, queremos acordarnos brevemente da súa filla maior e das andanzas [...]

Alicia, silencio

2019-09-10T22:06:35+00:00 10 / 09 / 2019|Caderno de campo|

Alicia Tella-Villamarín e Juan Puchades Alicia Tella-Villamarín Ferreiro (Doncide, Pol, 1938- Mondoñedo, 2019), despediuse ás caladas, como sempre viviu e obrou. Estudou Maxisterio, aínda que nunca exerceu a profesión. Chegou a Mondoñedo con apenas seis anos, primeiro por amor á súa tía Alicia, esposa de Pepe Cunqueiro, irmán de Álvaro, muller que morreu nova e [...]

Veran entre a brétema

2019-09-03T07:12:50+00:00 03 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo semanal en Faro de Vigo a comentar a aparición do libro Os tempos e o clima de Galicia (Xerais 2019): Foi este un verán entre a brétema, un fenómeno característico da Ría de Vigo, que os meteorólogos denominan «néboas de advección» e atribúen ao afloramento de augas frías profundas sobre as que [...]

Load More Posts