DE ESCRITORES GALEGOS

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS

De Ruada con Noriega Varela

2019-07-03T10:49:56+00:00 03 / 07 / 2019|Caderno de campo|

Antonio Noriega Varela Fai este ano, aconteceu o 17 ou o 18 de outubro de 1869, 150 anos do nacemento de Antonio Manuel Fernández-Noriega Varela, coñecido no parnaso das nosas letras como Antonio Noriega Varela. E polas mesmas datas tamén fará 124 anos da publicación impresa do seu primeiro poema, precisamente a obra premiada no [...]

Onte 2030: Educación lenta en galego

2019-06-29T11:30:48+00:00 29 / 06 / 2019|Brétemas|

Pechei onte o primeiro curso da miña segunda vida como mestre. Vivino cun puntiño de emoción e saudade por abandonar o claustro do CEIP Lope de Vega, que me acolleu de forma tan profesional como agarimosa. Foi un curso de reciclaxe onde sei que aprendín moito máis das miñas compañeiras  que das horas de formación [...]

Onte 2029: As badaladas de Xabier

2019-06-27T12:01:08+00:00 27 / 06 / 2019|Brétemas|

O feito de que a chegada ás librarías da 12ª edición d’ O misterio das badaladas, novela xuvenil publicada na colección Merlín en 2011, coincidise co primeiro cabodano do pasamento do seu autor, Xabier DoCampo, constitúe unha serindipia afortunada ou agasallo da providencia laica, para lembrar a quen tanto queremos e admiramos. E abofé que [...]

Fachos da Peneda

2019-06-25T17:00:51+00:00 25 / 06 / 2019|Brétemas|

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo ás festas do lume novo: A noite do sábado tiven a honra de ler o pregón da XXª edición da festa dos Fachos da Peneda. Varios centos de persoas desafiamos á ameaza do nubeiro e da predición meteorolóxica e cos nosos fachos acesos subimos á media [...]

Amador V. González, un mindoniense rebelde

2019-06-24T13:26:59+00:00 24 / 06 / 2019|Caderno de campo|

Ilustración de Xosé Vizoso para o libro ‘Semente galega en América’, de X. Neira Vilas. Sabemos deste mindoniense por Xosé Neira Vilas[1], e por artigos de Andrés García Doural[2] e, entre outros, de Martín Fernández Vizoso[3]. Tipógrafo, impresor, xornalista, narrador e poeta en galego e castelán, ademais de conferenciante, dramaturgo, actor, director teatral e activista [...]

Onte 2026: Seis portas para o Xurés

2019-06-21T20:43:57+00:00 21 / 06 / 2019|Brétemas|

Desde aquel curso 1988-1989, no que exercín de mestre no Colexio Público Xoaquín Lourenzo de Bande, non volvera afondar nos camiños do Val do Limia, sobre esa ferradura arraiana formada polas serras do Leboreiro e do Xurés. Foi unha fortuna ser convidado a facelo durante dous días moi intensos  formando parte dun grupiño de persoas [...]

Load More Posts