DE ESCRITORES GALEGOS

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS

Galeguismo sen galego

2019-12-17T20:55:15+00:00 17 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao informe do comité de expertos do Consello de Europa sobre o cumprimento por parte do estado español da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias: A publicación recente do informe do Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais [...]

Campo do Fragoso CCXXXII

2019-12-16T18:53:40+00:00 16 / 12 / 2019|Brétemas|

INSUFICIENTE Tras a derrota en Leganés fronte ao pechacancelas e o empate co Mallorca en inferioridade numérica, o Celta liquidou as expectativas de rápida remontada xeradas pola chegada ao banco de Óscar García Junyent. As mudanzas que introduciu o adestrador catalán no patrón de xogo e a recuperación dalgúns xogadores como Pione Sisto e Olaza [...]

A inopinada morte de Dosinda de Mondoñedo

2019-12-14T15:35:25+00:00 14 / 12 / 2019|Caderno de campo|

Xa deixamos noutras crónicas noticia de Toribio Novoa, Rudesindo Caldeiro, Otilia de Lindín ou do petit chantre do Gil Blas de Le Sage, aos que engadimos agora o nome de Dosinda, personaxe de ficción natural de Mondoñedo segundo quen a imaxinou, o escritor Alonso Zamora Vicente (Madrid 1916-2006). Retrato de Alonso Zamora Vicente (1916-2006) por [...]

Con Greta Thunberg

2019-12-12T21:30:13+00:00 12 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á activista climatica Greta Thunberg: O pasado mes de marzo comentabamos con admiración a iniciativa de Greta Thunberg, unha rapaza sueca de dezaseis anos, de promover diante do parlamento do seu país a primeira folga escolar mundial polo clima. Dende entón, o movemento estudantil Friday For [...]

Onte 2048: «Longa noite» de Eloy Enciso

2019-12-08T17:01:07+00:00 08 / 12 / 2019|Brétemas|

 Despois do éxito d’ O que arde, fomos ver onte Longa noite, un filme emocionante de Eloy Enciso sobre a imposición do medo ao medo durante a ditadura franquista. Como fixera xa en Arraianos, onde utilizou textos de Jenaro Marinhas del Valle e actores non profesionais, Enciso repite fórmula apostando por un elenco de [...]

Volver ás librarías

2019-12-06T23:17:42+00:00 06 / 12 / 2019|Blog de Mario Regueira|

Había máis de sete anos que non presentaba un libro dentro das fronteiras do meu país e iso marca moito, é tempo abondo como para que pareza que o estás facendo (de novo) por primeira vez, case co mesmo entusiasmo e unha expectación que non encaixa co feito de que algo que escribiches esperte tanta [...]

SOBRE O ROSTRO DO PAI E OS ESPELLOS PERVERSOS. UNHA LECTURA DE XOGUETES PRA UN TEMPO PROHIBIDO DE CARLOS CASARES

2019-12-04T22:57:24+00:00 04 / 12 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Por volta de 1970 o filósofo Eugenio Trías (1970: 26), daquela aínda mozo, escribía no seu libro Filosofía y carnaval: Hoy día podemos seriamente pensar que es falso el dicho popular de que sólo se vive una vez […]. [S]i nos lo proponemos podemos vivir, tres, trece, numerosas vidas. Pero el precio de esa decisión es [...]

Compañeiro Alcalde

2019-12-03T20:00:02+00:00 03 / 12 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a homenaxear ao meu benquerido Manuel Soto Fereiro: A derradeira conversa que mantiven con Manuel Soto foi hai menos dun mes por WhatsApp con motivo da proposta que fixen de compartir un cocido para celebrar o San Martiño e o tempo de castañas, apenas un pretexto [...]

Campo do Fragoso CCXXXI

2019-12-02T21:53:16+00:00 02 / 12 / 2019|Brétemas|

A DESTEMPO Despois da gran vitoria no estadio da Cerámica, que nos permitiu enxergar o horizonte da esperanza, quedei un pouco chafado polo debut do novo adestrador Óscar García en Balaídos. Diante dun Valladolid pechado con chave nas catro cancelas, o Celta tardou máis dunha hora en entender o argumento do partido e cando decidiu [...]

Load More Posts