DE ESCRITORES GALEGOS

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS

Parabéns, Paco Martín!

2020-02-20T15:30:45+00:00 20 / 02 / 2020|Caderno de campo|

O próximo sábado, 22 de febreiro, Paco Martín fai oitenta anos. Oitenta febreiros de viaxe arredor da vida do mestre, escritor e intelectual pioneiro en tantas iniciativas culturais. Oitenta invernos compartindo creación con, sobre todo, xenerosa entrega a proxectos capitais para reverdecer unha lingua e unha literatura en perigo, sempre ao límite. Que dicir que [...]

Febreiro marrucheiro

2020-02-18T19:21:36+00:00 18 / 02 / 2020|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao refraneiro de febreiro, mes marrucheiro en tempo de Entroido: O mes de febreiro, o máis curto do ano, foi manancial inesgotable para o refraneiro e a cultura popular agraria galega. Hai máis de trinta anos que o académico Xesús Ferro Ruibal escolmou no seu Refraneiro [...]

Onte 2066: Café de redacción con João Soares

2020-02-16T19:45:40+00:00 16 / 02 / 2020|Brétemas|

Continuamos onte as actividades da Fundación Luzes co Café de redacción con João Soares, o editor que foi presidente da Cámara de Lisboa, eurodeputado e ministro de Cultura do primeiro goberno de António Costa. Os xornalistas Xosé Manuel Pereiro, Valeria Pereiras e Daniel Domínguez conversaron durante máis de hora e media co político portugués sobre [...]

Vigo metropolitano primeiro

2020-02-11T19:43:20+00:00 11 / 02 / 2020|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao conflito do transporte metropolitano de Vigo A resolución do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1, que admite a querela interposta polo concello de Redondela en 2018, cando era alcalde Javier Bas (PPdeG), solicitando que fose eliminado o requisito do empadronamento para poder obter a tarxeta [...]

Cuerda e a escola das bolboretas

2020-02-04T20:35:29+00:00 04 / 02 / 2020|Brétemas|

Souben esta mañán do pasamento do meu admirado José Luís Cuerda, un home cabal e un cineasta sensible e acedamente retranqueiro. Hai pouco mais dun ano dedicáballe un agarimo nestas brétemas a raíz de Tiempo después, o que será a derradeira liña dun catálogo selecto dunha ducia de películas. Coñecino hai quince anos nunha presentación [...]

Colmeiro no Marco

2020-02-04T20:00:11+00:00 04 / 02 / 2020|Brétemas|

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo á exposición de Colmeiro no Marco comisariada por Carlos L. Bernárdez: O pintor Manuel Colmeiro conta nunha entrevista que lle fixo Carlos G. Reigosa que cando chegou a Vigo en xuño de 1926 procedente de Bos Aires quedara moi impresionado: «Carai, Vigo é azul». Unha lembranza [...]

Os artificios creativos de Caxigueiro

2020-01-27T09:45:37+00:00 27 / 01 / 2020|Caderno de campo|

Achegámonos á exposición retrospectiva de Caxigueiro (2005-2019) no Museo Provincial de Lugo. A combinación sintáctica do título, ‘A métrica do ilusionismo’, acáelle e resume as preocupacións conceptuais do artista, a importancia que lle concede ás técnicas para transformar o imaxinario e ao control da medida estética, visual e incluso fonética da súa obra. Como saben [...]

Load More Posts