O Ximnasio de Academo

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/O Ximnasio de Academo

Carta a Sara Jess

2019-03-30T14:56:57+00:00 30 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Oh Sara, ti, abraiada, na lámpada das horas: que ben que agora teñas proxectos de viaxe, que inunden os teus soños escenas do porvir, erráticas xornadas por terras sen destino, solpores doutros mares, menceres doutros ríos. Tamén noutros momentos da vida que xa esbara eu fun un bardo vago e músico de rúa, e andei [...]

Andan aves a pousar polas sombras da memoria

2019-03-22T08:10:42+00:00 22 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Andan aves a pousar polas sombras da memoria,Sen permiso,Como entrando desde a néboaPor unha porta escura,Sen quereren amolar,Unha brisa tan sutil a que moven coas ás. Seica veñen desde o olvido, Por camiños xunto ao mar do esquecemento. Traen no bico unha guirlanda,Unha cartaQue alguén non enviou,Un borranchoSobre unha folla murcha. Source: O Ximnasio de [...]

Sein und Zeit

2019-03-21T10:52:15+00:00 21 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Somos eco dun reflexo que repite unha unidade: a do signo que se amostra e se resigna na brétema do mundo.Et tout le reste est littérature Source: O Ximnasio de Academo

Adeus

2019-03-19T10:57:48+00:00 19 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Fun sempre impuntual coas ordes do destino.Xamais cheguei a tempo se o tempo me chamabaNin souben ser cortés coa noite e o seu grito.Errei polos camiños seguindo unha derrotaDe chuvias e regatos, de lamas e de neves,E así fun derretendo a cólera do fado.Non dixen nunca adeus nin quixen facer pranto. Source: O Ximnasio de [...]

E sendo numerosas as obras e traballos

2019-03-18T16:52:37+00:00 18 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

E sendo numerosas as obras e traballosQue deben adornar a vida anacoretaE moitas as obrigas, enredos e misiónsQue impón a agricultura e o culto do xardín,Non son, así, menores aquelas que requireDas rosas o labor, das silvas o combate Source: O Ximnasio de Academo

Círculos de sombra

2019-03-14T17:24:28+00:00 14 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Xa todo aconteceu. O tempo está detido. Aquilo que esperaba non sei por que razón, as épicas da vida, as glorias da existencia, vocábulos que os ventos roubaran nalgún pozo prendidos a unha lámpada,  ficaron estragados, en cinza a derramarse.  Só queda o que roubei ás brétemas do ocaso. O premio da memoria.  O peso do [...]

As dúas polarizacións básicas da escrita casariana

2019-03-07T11:58:19+00:00 07 / 03 / 2019|O Ximnasio de Academo|

Este traballo forma parte dun traballo de dimensións moito maiores que estamos a desenvolver desde hai un tempo a partir da obra literaria de Carlos Casares. Trátase dunha análise e descrición da súa poética feita segundo os recursos da semiótica greimasiana, da psicanálise e da crítica da ideoloxía. Encontramos que estes trebellos analíticos producen resultados [...]

Load More Posts