Caderno de campo

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Caderno de campo

Fillos do medo, escravos do silencio

2018-01-10T11:28:31+00:00 10 / 01 / 2018|Caderno de campo|

Fotog. de Caxigueiro Homenaxe popular a Graciano Paz Amieiro, Siervo González Rivas e Manuel Rodríguez Núñez, no 80 aniversario do seus asasinatos. Mondoñedo, 13 de xaneiro de 2018 Se non fósemos fillos do medo e escravos do silencio non tardariamos 80 anos en reivindicar a límpida memoria dos tres asasinados na travesía da Rocha de [...]

Memoria dunha escola rural

2018-01-02T09:21:04+00:00 02 / 01 / 2018|Caderno de campo|

A escola de Zoñán (Mondoñedo) só estivo activa entre 1925 e 1974. Apenas medio século de vida que, como a de tantas outras, ten o mérito de contribuír a alfabetizar ao cento por cento tres xeracións: bisavós, avós e pais dos zoñanegos actuais. En novembro de 1924 anunciábase a creación e a inminente apertura de [...]

Moito Paco e aínda máis Paz

2017-12-31T11:50:10+00:00 31 / 12 / 2017|Caderno de campo|

Prezado Paco: Eu non sei en que estarías pensando cando me convidaches a intervir neste acto. Non sei se nalgún momento te arrepentiches pero se non o fixeches pode que esteas a punto de facelo.  En calquera caso, como che faltou valor para comunicarmo, agora xa non ten remedio! Se mo permiten, quero comezar esta [...]

Cando o gato mira de esguello, 30 anos ao asexo

2017-12-26T16:10:54+00:00 26 / 12 / 2017|Caderno de campo|

Non quero deixar escapar este 2017 sen lembrarvos que a novela de Xe Freyre (Mondoñedo, 1962) “Cando o gato mira de esguello” leva 30 anos entre nós. Trátase do único texto literario de certa extensión que, desde a portada á contracapa, sucede integramente nun Mondoñedo renomeado na ficción como Torrevella de Abrea. Non esquezo “A [...]

Camiños de Santiago, nova ruta pola Mariña

2017-12-26T10:01:38+00:00 26 / 12 / 2017|Caderno de campo|

Moito antes de que se inventasen os avións e incluso os OVNIS, voou sobre a Mariña un viaxeiro montado nun cabalo. Ida e volta, desde Slagelse, en Dinamarca, ata Compostela de Galicia. Un suceso que hoxe nos parece sorprendente pero que entón, finais do s. XII ou principios do XIII, cando a maxia gobernaba as [...]

Robert Taylor nunca estivo en Lindín

2017-12-17T17:23:30+00:00 17 / 12 / 2017|Caderno de campo|

Para Eugenio Niñe Fernández Otilia de Lindín é produto da imaxinación de José Miguel Bel, perito e escritor madrileño que publicou en 2017 “Historias dun topógrafo de campo”, en edición, gratuíta en internet, do Centro Nacional de Información Geográfica, dependente da IGN (Instituto Geogáfico Nacional). Bel é enxeñeiro técnico en topografía, traballou no IGN, ademais [...]

O báculo de Mondoñedo tamén está en Cataluña

2017-12-12T23:24:33+00:00 12 / 12 / 2017|Caderno de campo|

Báculo de Mondoñedo (debuxo de J. Villaamil) Que cousas pasan! O chamado ‘Bácul de Mondoñedo’, peza singularísima da ourivería do románico, está exposto na sala 16 do Museu d`Art de Catalunya. Non sei se hai ou non probas documentais das sucesivas operacións que teletransportaron esta marabilla desde o Ribadeo de principios do s. XIII ata [...]

Milagre en San Cristovo

2017-12-06T19:36:42+00:00 06 / 12 / 2017|Caderno de campo|

O lugar de San Cristovo, parroquia d’Os Remedios (Mondoñedo), sitúase na aba do outeiro que coroa o castro de Zoñán, a carón da estrada provincial LU P-3106 entre Mondoñedo e Abadín. Só ten tres casas, a dos Pepitos, a de Monterroso e a de Xerrín. Algo afastada está a capela dedicada ao santo que lle [...]

O do Mirador habería que miralo

2017-11-25T17:44:08+00:00 25 / 11 / 2017|Caderno de campo|

Os de Mondoñedo estamos acostumados a mirar cara arriba. É a penitencia perpetua que nos tocou por habitar os baixíos dun val rodeado de alturas con excelentes vistas panorámicas. Bendita penitencia! Unha ventá ao Val de Mondoñedo Hai uns días parei o coche na explanada do Mirador. Precisaba saber que senten os que non sendo [...]

Load More Posts