Caderno de campo

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Caderno de campo

Homenaxe ao Gardarríos e a Antonia Díaz Pérez

2018-06-21T10:49:31+00:00 21 / 06 / 2018|Caderno de campo|

Esmorecía o venres 25 de xuño de 1948 cando no bico da media noite, en Vilanova de Lourenzá, a escasa luz artificial contornaba as sombras dun home e dunha muller que avanzaban confiados cara a vila. Regresaban da festa do San Xoán. Nun alustro todo muda. Mentres unha man mataba a luz das lámpadas outra [...]

Centenario do pasamento de Emilio Tapia Rivas

2018-06-12T07:57:04+00:00 12 / 06 / 2018|Caderno de campo|

Sorprende o pouco que se ten escrito sobre a traxectoria profesional e política deste mindoniense que morreu en Lugo o 12 de xuño de 1918, hai agora un século, e que nacera en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862. Emilio Tapia Rivas foi un notable avogado, xornalista de mérito e político que liderou nos [...]

O xastre e a viúva, peregrinos polo Camiño Norte

2018-06-06T08:56:50+00:00 06 / 06 / 2018|Caderno de campo|

Escribiu Cunqueiro nun artigo da serie «El mundo y su sombra» que Lugo era pobre en estradas, “rotas, descortezadas y polvorientas” e rica en camiños. Por iso, concluía, “será cosa de su vocación de caminos de peregrinación”. A principios dos 60 do pasado século peregrinou desde O Cebreiro a Compostela e amais de deliciosas crónicas, [...]

50 pontes para a igualdade (no 50º aniversario das primeiras alumnas do IES San Rosendo)

2018-05-29T17:24:44+00:00 29 / 05 / 2018|Caderno de campo|

Hai cincuenta anos París convulsionaba e os estudantes do Barrio Latino buscaban unha praia baixo o pavés. Daquela tamén en Mondoñedo se anunciaban grandes proxectos de futuro. O alcalde, Cabanela, xestionaba a construción do Mirador nos Paredóns, sería realidade tempo despois como o sería a idea dunha nova ordenación da Praza da Catedral. Comezaba a [...]

Cando Mondoñedo respira poesía

2018-04-28T08:44:40+00:00 28 / 04 / 2018|Caderno de campo|

Polas calendas maias, no bico da primavera, Mondoñedo vístese de galanura. É o tempo das Feiras e Festas das Quendas e o do recital poético-musical ‘Mondoñedo é poesía’, que xa anda pola quinta edición. Outro ano máis volverá a recender Mondoñedo a versos frescos, acabados de dicir como cando Cunqueiro, Jácome, Vidarte e outros iluminaban [...]

MONDOÑEDO é POESÍA 2018

2018-04-21T12:58:30+00:00 21 / 04 / 2018|Caderno de campo|

MONDOÑEDO é POESÍA 2018 1 de maio de 2018 ESPECIAL 5ª EDICIÓN   Mondoñedo é poesía chega este ano á súa 5ª edición convocando para o vindeiro 1 de maio en Mondoñedo (Capital galega da poesía) a aqueles e aquelas que aman a poesía dita, recitada, cantada, musicada ou visual. Esta actividade enmárcase, como sempre, [...]

Os Villar Ponte e Mondoñedo

2018-04-08T11:57:38+00:00 08 / 04 / 2018|Caderno de campo|

Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González andan estes días pola Mariña coa primicia do seu “Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte” (Xerais, 2018). Escolleron Mondoñedo como praza de saída para a presentación pública (o acto tivo lugar no Pazo dos Santomé o 6 de abril) desta nova obra, entre outras razóns [...]

Cunqueiro e os kiwis

2018-02-28T11:08:20+00:00 28 / 02 / 2018|Caderno de campo|

Non teño aquí abondo espazo para contarlles a historia da arribada dos froitos chamados kiwis a Galicia e menos aínda a das fascinantes e curiosas aves tamén chamadas kiwis que, polo de agora, non se deixaron ver por aquí. A ave kiwi é unha especie de galiña sen ás, endémica e símbolo nacional de Nova [...]

Un libro de historia imprescindible 

2018-02-20T17:31:51+00:00 20 / 02 / 2018|Caderno de campo|

Este venres, 23 de febreiro (día fasto ou nefasto a criterio do observante na nosa historia máis recente) preséntase en Mondoñedo «Poder e política na Galiza vilega 1790-1833. Provincias de Lugo e Mondoñedo» da autoría do profesor Xosé Ramón Veiga Alonso. Será na Centro Comarcal (antigo cuartel), a partir das 20:30 h., nun acto ao que recomendamos [...]

Load More Posts