Caderno de campo

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/Caderno de campo

CRÓNICAS DAS SAN LUCAS: O rato de Cunqueiro

2019-10-18T07:53:33+00:00 18 / 10 / 2019|Caderno de campo|

Despois de casar, Xoaquín Cunqueiro e Xosefa Mora, pai e nai do escritor Álvaro Cunqueiro Mora, alugaron a casa nº 1 da rúa entón chamada Méndez Núñez, mesmo a carón da Fonte Vella. A voda celebrouse o 1 de outubro de 1908, poucos días antes das San Lucas daquel ano que resultaron, por certo,  coa [...]

Noriega Varela e As San Lucas

2019-10-16T16:25:13+00:00 16 / 10 / 2019|Caderno de campo|

Antonio Noriega Varela naceu en Mondoñedo, nunha casa que levaba o número 9 mesmo a carón do Campo e Alameda dos Remedios, polas San Lucas de 1869. Era o día de vésperas, o 17, de hai século e medio e desde entón, á marxe de aniversarios e cabodanos, foron varios os sucesos que protagonizou vencellados [...]

A máquina de escribir de Álvaro Cunqueiro

2019-10-05T17:31:39+00:00 05 / 10 / 2019|Caderno de campo|

Quen visite a Casa Museo Cunqueiro en Mondoñedo debe facer parada obrigada ao final do percorrido, no vello faio, cabo da mesa onde se expón a Smith Premier nº 10, a máquina de escribir que acompañou ao escritor ao longo da súa vida como ferramenta imprescindible que, de falar ou ditar unhas memorias, podería contar [...]

Memoria da imprenta en Mondoñedo

2019-09-19T12:03:50+00:00 19 / 09 / 2019|Caderno de campo|

Jesús López Díaz (Suc. de Mancebo) Nos arredor de 500 anos de historia da imprenta en Mondoñedo, anotamos en letras de molde unha data capital; o 16 de setembro de 2019, luns dos Remedios, inaugurouse na Casa dos Cóengos (entre a Catedral e o Seminario, a carón da casa natal de P. Veiga) o Centro [...]

Candidiña, a filla maior de Noriega Varela

2019-09-17T18:08:12+00:00 17 / 09 / 2019|Caderno de campo|

Chamábase Cándida Fernández-Noriega Bello e naceu en Foz tras o casamento de Antonio Noriega Varela con Ramona Bello en 1902, despois de malográrense os dous primeiros fillos varóns. Agora que se aproxima o 18 de outubro, 150 aniversario de nacemento do poeta Noriega en Mondoñedo, queremos acordarnos brevemente da súa filla maior e das andanzas [...]

Alicia, silencio

2019-09-10T22:06:35+00:00 10 / 09 / 2019|Caderno de campo|

Alicia Tella-Villamarín e Juan Puchades Alicia Tella-Villamarín Ferreiro (Doncide, Pol, 1938- Mondoñedo, 2019), despediuse ás caladas, como sempre viviu e obrou. Estudou Maxisterio, aínda que nunca exerceu a profesión. Chegou a Mondoñedo con apenas seis anos, primeiro por amor á súa tía Alicia, esposa de Pepe Cunqueiro, irmán de Álvaro, muller que morreu nova e [...]

RENTE AO MAR, ESE CAMIÑO… (Pregón da XXXIV Feira do Libro de Foz)

2019-08-23T08:45:43+00:00 23 / 08 / 2019|Caderno de campo|

A Suso do Bahía Saúdos a autoridades, libreiros e libreiras, autores e autoras, editoras e distribuidoras, amigas e amigos do libro e da lectura! En primeiro lugar, quero agradecer á organización o terme convidado para pregoar esta edición da feira decana de todas cantas se celebran na Mariña e pioneira, a terceira máis antiga, entre [...]

PASEANDO MONDOÑEDO: A Furada dos Cas (a Cova Osuaria de J. Villaamil)

2019-07-08T16:59:38+00:00 08 / 07 / 2019|Caderno de campo|

Foi a primeira cova excavada en Galicia con metodoloxía científica alá polo ano 1867, con achados documentados e publicados (ósos e ferramentas líticas) polo eminente historiador, arquiveiro e arqueólogo, José Villaamil A cova e xacemento arqueolóxico1 catalogado coa denominación Cova Furada dos Cas2 localízase na parroquia de Vilamor do concello de Mondoñedo, ao leste do [...]

De Ruada con Noriega Varela

2019-07-03T10:49:56+00:00 03 / 07 / 2019|Caderno de campo|

Antonio Noriega Varela Fai este ano, aconteceu o 17 ou o 18 de outubro de 1869, 150 anos do nacemento de Antonio Manuel Fernández-Noriega Varela, coñecido no parnaso das nosas letras como Antonio Noriega Varela. E polas mesmas datas tamén fará 124 anos da publicación impresa do seu primeiro poema, precisamente a obra premiada no [...]

Amador V. González, un mindoniense rebelde

2019-06-24T13:26:59+00:00 24 / 06 / 2019|Caderno de campo|

Ilustración de Xosé Vizoso para o libro ‘Semente galega en América’, de X. Neira Vilas. Sabemos deste mindoniense por Xosé Neira Vilas[1], e por artigos de Andrés García Doural[2] e, entre outros, de Martín Fernández Vizoso[3]. Tipógrafo, impresor, xornalista, narrador e poeta en galego e castelán, ademais de conferenciante, dramaturgo, actor, director teatral e activista [...]

Load More Posts