Brétemas

Onte 2056: A reinvención da biblioteca pública en Vigo

2020-01-10T16:15:04+00:00 10 / 01 / 2020|Brétemas|

O mesmo día que Faro de Vigo publicaba que Vigo é a cidade galega menos dotada de libros, en relación ao seu número de habitantes (apenas 0,7 exemplares de publicacións impresas por veciño), lin unha reportaxe moi suxestiva na edición electrónica de La Presse (Québec) sobre como as bibliotecas públicas se reinventan en todo o [...]

Onte 2055: «Matria», a ollada desmitificadora de Álvaro Gago

2020-01-09T19:02:56+00:00 09 / 01 / 2020|Brétemas|

Por fin puiden ver Matria, a curtametraxe premio do xurado en Sundance (2018), premio da Crítica de Galicia 2018 de Cine e Artes Audiovisuais, entre outros 60 galardóns, liberada na rede como agasallo de nadal de Álvaro Gago, o seu director. Unha alfaia narrativa de vinte e un minutos, tan luminosa como austera, onde se [...]

Onte 2054: «Machines Like Me», unha das mellores novelas de Ian McEwan

2020-01-07T11:12:29+00:00 07 / 01 / 2020|Brétemas|

Ian MeEwan cre que a novela é a forma artística mellor para plasmar o interior da mente humana, e por ende, para representar na ficción os conflitos inherentes ao comportamento dos seres humanos. Ás portas da publicación de The Cockroach, a súa sátira do Brexit, con Machines Like Me (2019) – edición portuguesa en Gradiva [...]

Onte 2053: «Libro dos manifestos» de Manuel Rivas

2020-01-06T08:12:41+00:00 06 / 01 / 2020|Brétemas|

Volvín da xuntanza do padroado da Fundación Luzes lendo no Libro dos manifestos (Luzes, 2019) de Manuel Rivas. Un volume no que se reúnen os textos editoriais publicados na revista Luzes, que Rivas codirixe con Xosé Manuel Pereiro, dende a súa aparición en decembro de 2013. Depósitos de esperanza vibrantes,  chamadas contra a adversidade en [...]

Onte 2052: «Carrusel» de Berta Dávila

2020-01-05T16:42:59+00:00 05 / 01 / 2020|Brétemas|

Deixoume abraiado Carrusel de Berta Dávila, o primeiro libro que lin no que vai de ano. Este premio García Barros 2019 de novela é unha auténtica peza de ourivaría, tanto pola fluidez e beleza hipnótica dun relato de autoficción como pola afouteza da escritora compostelá para abordar con naturalidade temas tan complexos como a doenza [...]

Onte 2050: «Sándalo» de María Xosé Porteiro

2020-01-03T15:15:32+00:00 03 / 01 / 2020|Brétemas|

Acompañei onte a María Xosé Porteiro na presentación no Corte Inglés de Santiago da segunda edición de Sándalo, a súa novela sobre a emigración galega en Cuba. Dende o título, que fai referencia a esta madeira dunha árbore sagrada que conserva sempre o seu arume, todo nesta novela evoca a memoria do que permanece, a [...]

Feliz 2020: «Fade Away»

2019-12-31T19:12:02+00:00 31 / 12 / 2019|Brétemas|

 Despedimos o 2019, un ano no que a pesar de manter unha actividade pequena do blog non queremos estragar a cadea e celebramos o serán de San Silvestre cun tema de Oasis, o dos irmánciños pelexados de Manchester. E facémolo con «Fade Away», na súa recente edición con motivo do vinte e cinco aniversario [...]

Load More Posts