Brétemas

Emerxencia feminista

2019-09-24T19:17:07+00:00 24 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á emerxencia feminista: O triple feminicidio da pasada semana acontecido no lugar de Carracido da parroquia de Cordeiro no concello de Valga volveu activar a emerxencia feminista galega nun verán que, tras o asasinato en xullo de María del Carmen Vázquez en Vilalba, resultou particularmente catastrófico [...]

Onte 2045: «A nena, o monstro e o mar», o regreso dos contos de Leopolda Diéguez

2019-09-19T20:25:09+00:00 19 / 09 / 2019|Brétemas|

Entre as novidades do verán non me pasou desapercibida A nena, o monstro e o mar de Teresa González Costa, a segunda historia relatada por Leopolda Diéguez. Como a primeira desta serie, Fred Quincalla, o nómade do mar, esta novela infantil ofrece a voz singular desta contadora xenial, viaxeira e facedora de artes máxicas, acompañada [...]

Na honra da familia Fraiz Castellanos

2019-09-17T19:30:59+00:00 17 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a lembrar a memoria da familia Fraiz Castellanos: O pasado sábado fixéronse oitenta e dous anos do fusilamento de Víctor Fraiz Villanueva, militante comunista, mestre nacional de 50 anos, con escola en Coia, na rúa Tomás Alonso nº 62, e de Manuel Rodríguez Careu «Chato», comerciante [...]

Veran entre a brétema

2019-09-03T07:12:50+00:00 03 / 09 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo semanal en Faro de Vigo a comentar a aparición do libro Os tempos e o clima de Galicia (Xerais 2019): Foi este un verán entre a brétema, un fenómeno característico da Ría de Vigo, que os meteorólogos denominan «néboas de advección» e atribúen ao afloramento de augas frías profundas sobre as que [...]

Vigo con raíces

2019-08-27T19:49:53+00:00 27 / 08 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a necesidade que ten o concello de Vigo de contar cun plan estratéxico de arborado:   «A árbore é o poeta». Federico García Lorca Lembraremos este verán do 19 por ser no que o Concello de Vigo ordenou talar todas as árbores das beirarrúas da Gran [...]

Onte 2044: «Lúa en Ningures» de Beatriz Maceda

2019-08-21T11:28:56+00:00 21 / 08 / 2019|Brétemas|

Estes días de vergonzosa peregrinaxe do Open Arms pola costa de Lampedusa, volvín ler Lúa en Ningures, a estremecedora novela infantil de Beatriz Maceda, ilustrada por Laura Veleiro. Na tradición de narrativa antibelicista galega de obras  como Valados (Xerais 2009) de Agustín Fernández Paz ou O valo de Carlos Labraña (Xerais 2017), como do libro [...]

Load More Posts