Brétemas

O banco dos contos

2019-11-20T21:12:48+00:00 20 / 11 / 2019|Brétemas|

O meu artigo semanal en Faro de Vigo, que chega ao número 1.000, está dedicado ao Banco dos contos do Campo de Granada: Con motivo da presentación do meu libro, «Vigo, puro milagre» (Xerais 2019), no que escolmo setenta e cinco artigos de «Campo de Granada», que despois de vinte anos de publicación semanal ininterrompida [...]

Onte 2047: «Vigo, puro milagre», presentación na EMAO

2019-11-18T21:21:47+00:00 18 / 11 / 2019|Brétemas|

Comparto algunhas fotos da presentación de Vigo, puro milagre o pasado venres na EMAO. A miña gratitude a Rafael Ojea, Fran Alonso e ao cento de amizades que me arrouparon co seu afecto e co seu tempo nunha xornada para min inesquecible. Beizón. Source: BrétemasBrétemas

Darnos o futuro

2019-11-12T22:13:09+00:00 12 / 11 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo semanal en Faro de Vigo á celebración da XLIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia: O sábado de reflexión quedou marcado na axenda do Vigo cultural polas celebracións de magostos populares e polo acto no que se deron a coñecer o ditame dos Premios da Crítica de Galicia, iniciativa que se [...]

Estrela Rosalía

2019-10-29T19:12:43+00:00 29 / 10 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo á iniciativa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío de solicitar o nome Rosalía para a estrela HD149143: Recibimos con entusiasmo a noticia, achegada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, da aceptación por parte da Sociedad Española de Astronomía da súa candidatura «Rosalía e Río Sar» para darlle nome [...]

Onte 2046: Antía Yáñez, Premio Agustín 2019

2019-10-27T08:35:16+00:00 27 / 10 / 2019|Brétemas|

Viaxamos onte a Vilalba para participar, xunto a Rosa Aneiros e Xavier Senín, no xurado da terceira edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo IESCHA e o concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais. Entre as dez obras presentadas escollemos como gañadora por unanimidade a presentada como [...]

En galego Vigo vai

2019-10-22T18:53:19+00:00 22 / 10 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a reflexionar sobre a situación do idioma galego ao fío da enquisa estrutural a fogares do IGE sobre coñecemento e uso do galego e do castelán en Galicia: A recente enquisa estrutural a fogares sobre o grao de coñecemento e uso (oral e escrito) do galego [...]

O que arde

2019-10-15T20:53:19+00:00 15 / 10 / 2019|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar O que arde, o filme memorable de Oliver Laxe: A estrea en vinte salas galegas do filme O que arde de Oliver Laxe coincide co segundo aniversario dos incendios que puxeron en perigo a coroa vexetal da área metropolitana viguesa e provocaron dúas vítimas [...]

Load More Posts