Mudanza de crebas.blogaliza a crebas.gal
(Crebas, fotografía de Manuel Sendón) O inesperado peche de blogaliza obriga a unha mudanza desta bitácora desde crebas.blogaliza.org ao dominio crebas.gal, lugar desde que en breve iniciarei unha nova andaina na rede. Agradezo inmenso a blogaliza, e de maneira particular a Pedro Silva, a xenerosa e desinteresada acollida na hospedaxe destas crebas e a súa colaboración [...]