A Pequena Novela Galega

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/A Pequena Novela Galega

Donald Trump e as cidades dementes

2017-05-19T09:25:29+00:00 15 / 11 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Foto: Vera KratochvilNos filmes de ciencia-ficción ianquis dos cincuenta sobre monstros xigantes, era común que a acción transcorrera na típica vila do país, pequeneira e con frecuencia preto do deserto, onde todo o mundo se coñece e o editor do único xornal bota a xornada axotando a pachorra, de parola co sheriff ou co médico [...]

Vincent Price tiña razón, e non Richard Branson

2017-05-19T09:25:29+00:00 27 / 10 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Foto: Petr KratochvilUn destes anos pasados, a estas alturas de ano, falaba eu cunha amiga. Dicíalle, a conto do Halloween, que resultaba curioso que moita xente o preferira polo seu suposto atractivo americano cando, comosaberedes, a orixe desta festa de caretas de plástico feas é europea: Halloween é o Samain vestido de bazar chinés.A súa [...]

Dylan e a orixe da lingua dos inuit

2017-05-19T09:25:30+00:00 18 / 10 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Igual xa vos falei da vez que lle lin a Richard Ford nunha entrevista que el só se poñía a escribir en canto remataba a tempada de béisbol. Amosou valor. O que escribe aínda interesa a moita xente: ten unha reputación literaria que conservar. Dígoo sen matiz despectivo cara todo canto rodea ese deporte, coidado. [...]

A embriaguez era isto (ou peor)

2017-05-19T09:25:31+00:00 04 / 10 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Foto: Junior LibbyNon paraba moito tempo quieto. Sentaba na beira da banqueta, erguíase, volvíase sentar, volvíase erguer. Dunha vez, botou uns dez espirros seguidos. Pero a súa principal preocupación era atopar a súa mochila. Levaba dentro, seica, “cousas do traballo”. Non fun capaz de adiviñar que traballo sería ese. Tiña un aspecto convencional: fibroso, co [...]

Como dicir fillo de puta sen dicilo (e se a alguén lle importa)

2017-05-19T09:25:35+00:00 28 / 09 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Foto: George HodanEntre outras cousas, este é o tempo no que todo o mundo opina de todo e inza o mundo (sobre todo o dixital) de indignados porque a súa opinión non semella importar a ninguén como de pulgas inza o pitbull dun deses aspirantes marihuaneiros a tipos duros coa cara chea de metal. A [...]

As pedriñas nas botas de Indiana Jones

2017-05-19T09:25:37+00:00 21 / 09 / 2016|A Pequena Novela Galega|

A casa na que viviu E. A. Poe en Baltimore é hoxe unha casa-museo, sostida mediante o voluntariado e bastante improvisación, se facemos caso a certo artigo recente da prensa nacional. O seu autor, que a visitou persoalmente, sorprendeuse dun detalle: o seu pequeno tamaño. A cociña sería pouco máis ca un burato aberto na [...]

O vídeo non mataría á estrela da radio

2017-05-19T09:25:37+00:00 12 / 09 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Algún xornal xa fala da posibilidade seria da implantación dunha renda mínima universal no futuro. Estes anuncios son coma os dos avances médicos revolucionarios: como pouco, chegarán ó hospital da cidade dun ó cabo de 10 anos. Neste caso particular, non podo evitar o escepticismo. Basean a necesiade de tal salario no argumento de que, [...]

O engado dos malos tempos

2017-05-19T09:25:38+00:00 08 / 09 / 2016|A Pequena Novela Galega|

Foto: George HodanDigo eu que facerse vello implica, entre outras cousas, unha meirande facilidade para aceptar os tópicos, esas referencias sociais das que moita xente se vale para non acabar nun manicomio, a falta de capacidade de observación e ausencia de aprehensión perante o que non se coñece: o que se di unha mente aberta. [...]

Load More Posts