A Canción do Náufrago

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/A Canción do Náufrago

Aquel día en que fun monárquico

2018-01-05T13:49:54+00:00 05 / 01 / 2018|A Canción do Náufrago|

Reparade nese rei Gaspar. Foi na Cabalgata de Vigo (hoxe estarei alí apañando caramelos) do ano 2012. As crónicas de prensa do día seguinte dicían que Gaspar parecíase a Francisco Castro. Creo que si. Reparade ben nesas gafas. Ten un aire. Si, creo que si. De feito, aquel rei mago falaba galego, e foi entrevistado [...]

140.000 PERSOAS SEGUEN TIRADAS NAS CUNETAS

2018-01-03T13:46:06+00:00 03 / 01 / 2018|A Canción do Náufrago|

Neste ano que rematou cumpríronse 10 anos da Lei de Memoria Histórica. E malia iso, que é moito tempo, 140.000 persoas seguen esquecidas nas cunetas. Xa sabedes, logo de Camboia, España é o lugar do mundo que máis xente soterrada ten sen identificar. Unha triste marca que, seica, a ninguén preocupa. Cando menos, a ninguén [...]

POLA MIÑA CULPA, POLA MIÑA CULPA, POLA MIÑA GRAN CULPA

2017-12-26T13:47:05+00:00 26 / 12 / 2017|A Canción do Náufrago|

A sociedade occidental creceu arredor da culpa. Lemos o primeiro libro da Biblia e aí xa estamos coméndonos o primeiro marrón: fóra do Paraíso. Culpables. Á rúa. Por iso hai que bautismarse (verbo que non sei se é normativo pero, mira ti, encántame; como “costurar”, que non sae no dicionario da RAG pero que me [...]

Así, así

2017-12-04T13:30:28+00:00 04 / 12 / 2017|A Canción do Náufrago|

En Internet, ese país das marabillas, podes mercar de todo. Felicidade, especialmente. E amigos e amigas. As redes sociais, xa sabedes, ese mundo paralelo do borrollismo onde tanto nos queremos, onde tan solidarios somos a golpe de change.org. E en Internet podes mercar a trapallada máis absurda que se che ocorra. De entre as últimas [...]

Papá. Leonard Cohen

2017-11-07T13:52:29+00:00 07 / 11 / 2017|A Canción do Náufrago|

  Hoxe hai dous anos que morreu meu pai. Hoxe hai un ano que morreu Leonard Cohen. Non significa nada. É só unha coincidencia do calendario, unha casualidade. Non busquedes máis nada. Non  hai. Hai dous anos deixoume o meu pai. Cada día parézome máis a el. Véxoo no espello. En certas manías. Nos pregues [...]

REALIDADES

2017-11-06T13:44:33+00:00 06 / 11 / 2017|A Canción do Náufrago|

Cando estudei Filosofía (son un tipo moi culto) fiquei moi impresionado con dous autores de nome, xa de seu, sedutor. Falo de Wittgenstein e Heidegger, apelidos que indican sabedoría aínda que o primeiro fose un antisocial e o segundo un nazi. Con ambos os dous aprendín algo que os filósofos levan toda a vida explicando [...]

Se quixesen solucionar o de Cataluña…

2017-09-20T13:03:01+00:00 20 / 09 / 2017|A Canción do Náufrago|

Se quixesen solucionar o de Cataluña terían actuado antes, terían sido máis nobles, menos falsos, terían actuado con máis alturas de miras e non con criterios electoralistas pois a ninguén se lle escapa que ao PP sempre lle deu votos repetir iso da sacrosanta unidade de España e non non non ao nacionalismo separatista. Se [...]

Load More Posts