A Canción do Náufrago

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS/A Canción do Náufrago

A mirada náufraga 2: O bulbo raquídeo

2017-08-02T21:39:48+00:00 02 / 08 / 2017|A Canción do Náufrago|

Non sabemos se iso de ter “sede de xustiza” por empezar en bíblico, é ou non algo natural, ou sexa, algo que levamos no bulbo raquídeo, que é ese sitio que non temos moi claro onde está mais que serve para situar nel todo canto comportamento pensamos que é atávico, natural ou inevitable (nada é [...]

O avión do odio de HAZTE OÍR (deberían chamarse HÁZTELO VER)

2017-08-02T13:12:39+00:00 02 / 08 / 2017|A Canción do Náufrago|

Teño un recordo de cando era moi neno e meus pais me levaban á praia d’Os Olmos de Vigo: unha avioneta de NIVEA tirando balóns sobre unha rapazada histérica (eu era un deles) á procura dun daqueles inchables azuis que deveciamos por ter. Lembro ese momento en cores apagados, coma unha foto dos anos 70. [...]

Perverso. Pervertidos. Perversión.

2017-08-01T13:48:00+00:00 01 / 08 / 2017|A Canción do Náufrago|

Hai algo de perverso, de enfermizo, de soez, nas caras desas persoas que saen a apoiar a Cristiano Ronaldo, a Messi, que os aclaman, que saen á rúa a berrar que están con eles, que moito ánimo, que es o mellor. Hai algo que ten que estar mal aí. Se colles os vídeos e paras [...]

Un franquismo “legal”

2017-07-27T13:44:43+00:00 27 / 07 / 2017|A Canción do Náufrago|

Lemos hoxe dúas novas, cando menos, inquietantes. Por unha banda, que La Falange pide inmunidade para poder seguir cantando o Cara Al Sol. A cousa é en Aragón, onde a Lei de Memoria Democrática prohibe a manifestación pública de “expresiones ofensivas, vejatorias o atentatorias contra la dignidad de las víctimas de la guerra civil”. Así [...]

A mirada náufraga 1: O tempo

2017-07-21T13:48:50+00:00 21 / 07 / 2017|A Canción do Náufrago|

O tempo. Aquel señor de pelo estrambótico e lingua por fóra explicou que era relativo. Debe de ser. Iso penso dende os meus 50 anos que me chegaron sen que me decatase. Pero non é diso do que quero escribir, senón da relatividade do tempo, desa evidencia física incomprensible que nos di, e aceptamos, que [...]

O barco racista e o 18 de xullo

2017-07-18T13:53:47+00:00 18 / 07 / 2017|A Canción do Náufrago|

Hoxe soubemos que unha asociación xenófoba de ultradereita (perdón pola redundancia) chamada “Defend Europe” conseguiu 100.000 euros en donacións para fletar un barco co que percorrer o Mediterráneo para impedir a chegada de barcos con refuxiados e dificultar o labor das ONGs que traballan con esta pobre xente. Indican, ademais, que “intervirán” se ven “algo [...]

Morrer no traballo

2017-07-14T13:47:10+00:00 14 / 07 / 2017|A Canción do Náufrago|

Na película “12 anos de escravitude” de Steve McQueen,  hai unha escena especialmente brutal (das moitas que hai). Refírome ao momento no que, baixo do sol agotador do sur dos Estados Unidos, na plantación de algodón onde o pobre protagonista vive a súa traxedia (era un negro libre, pero foi secuestrado -no Norte, onde xa estaba [...]

A xente

2017-07-12T13:46:45+00:00 12 / 07 / 2017|A Canción do Náufrago|

Onte coñecín unha persoa que ten moitos animais na súa casa. Non cans nin gatos senón outros, tanto ten cales, que eu nunca vira en casa ningunha. Explicoume todo o que implica telos: gastos veterinarios, de alimentación, de acondicionamento (un deles, de feito, ten que estar o 75 por cento do día en escuridade absoluta [...]

Silencios

2017-06-26T13:45:47+00:00 26 / 06 / 2017|A Canción do Náufrago|

Estarei volvéndome vello, pero estiven atento ao inicio da comparecencia de Bárcenas na comisión do Congreso.Moi amable e cordial, abriu o micro para dicirlle ás súas señorías, que non ía dicir nada. Esbozou un sorriso de bo veciño e alí quedou, tan pancho e caladiño. Silencio. O Tribunal de Cuentas, hoxe, en Madrid, ditaminou que [...]

Hai futuro

2017-06-21T13:46:30+00:00 21 / 06 / 2017|A Canción do Náufrago|

O pasado sábado fun convidado a participar nas Xornadas dos Clubs de Lectura, no Palacio de Congresos de Santiago, para moderar unha mesa redonda coas escritoras (as tres van publicar en breve na Editorial Galaxia) Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e Tamara Andrés. Ademais do interesante que creo que foi a conversa entre nosoutras catro [...]

Load More Posts