DE ESCRITORES GALEGOS

Inicio/DE ESCRITORES GALEGOS

Os monos de Laxeiro

2018-07-11T08:54:23+00:00 11 / 07 / 2018|Brétemas|

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a exposición sobre a obra de humorismo gráfico do pintor Laxeiro: Dentro do cativo panorama expositivo vigués actual chamou a miña atención a apertura na Casa das Artes da mostra «Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa», onde até o 21 de setembro se expoñen [...]

Onte 1984: «O exército de fume» de Manuel Gago, presentación en Compostela

2018-07-06T09:09:39+00:00 06 / 07 / 2018|Brétemas|

Presentación memorable a de onte en Cronopios na que estreamos en Compostela O exército de fume, a segunda novela de Manuel Gago. As intervencións da libreira Mercedes Corbillón, do historiador Lourenzo Fernández Prieto e do autor, precederon a unha emocionantísima e inesquecible sesión de contos de guerra e resistencia de Soledad Felloza, Celso Fernández Sanmartín [...]

Onte 1983: Conversa con Ledicia Costa sobre as súas mulleres revolucionarias

2018-07-05T08:03:44+00:00 05 / 07 / 2018|Brétemas|

Resultou excelente a conversa que na Feira do Libro de Vigo mantiveron onte o editor Fran Alonso e a escritora  Ledicia Costas sobre as mulleres revolucionarias na obra da escritora viguesa. Tres cuartos de hora de amena reflexión literaria, onde non faltaron as anécdotas e o humor, sobre as protagonistas da literatura de Costas, mulleres revolucionarias, [...]

Onte 1982: Presentación de «Fóra do normal» de María Reimóndez na Feira do Libro de Vigo

2018-07-04T10:34:17+00:00 04 / 07 / 2018|Brétemas|

Excelente foi a presentación do serán de onte na Feira do Libro de Vigo de Fóra do normal, a novela de María Reimóndez gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Eric Dopazo e Fran Alonso acompañaron á autora diante de medio cento de persoas que participaron [...]

Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa

2018-07-01T10:41:05+00:00 01 / 07 / 2018|Brétemas|

Na edición en papel desta semana de SermosGaliza publico estoutra lembranza de Xabier P. DoCampo: «Son fillo de Raimundo de Granda, o muiñeiro de Castro, que enfiaba sucedidos como quen fai un colar de zonchos. Deume moitas cousas na vida que compartimos, pero quero traer aquí dúas que se relacionan co meu oficio da escrita. [...]

Onte 1981: Pregón da Feira do Libro de Vigo

2018-06-29T08:07:54+00:00 29 / 06 / 2018|Brétemas|

Onte tiven a honra de pronunciar o pregón da Feira do Libro de Vigo, un dos maiores orgullos dos que gocei na miña vida de editor. Xaora, puiden comprobar, outra vez máis, o escaso interese institucional do acto para os responsables do concello de Vigo. Deixo o texto en pdf no que homenaxeo ao editor [...]

Load More Posts