CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO

Antologia da poesia em galego, Ricardo Carvalho Calero

2019-10-09T23:07:10+00:00 09 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Ricardo Carvalho Calero Antologia da poesia em galego Através Editora, Santiago, 239 páxinas, 15 €   Todo convida a pensar que este vindeiro 2020 será un ano pródigo en publicacións de e sobre Ricardo Carvalho Calero en virtude do que vai aparecendo nestes últimos meses de 2019. Neste sentido cómpre saudar a aparición desta antoloxía [...]

Unha gran perda: Álvarez Torneiro

2019-10-09T09:29:31+00:00 09 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Faleceu Álvarez Torneiro: un gran poeta e unha gran persoa. Escribín algúns artigos nos últimos anos sobre a súa obra literaria porque admirei sempre a súa palabra exacta e a súa singular sensibilidade. Deixo aquí memoria deses traballos e o meu sincero pésame á súa familia e amizades. Source: Caderno da crítica

As Feiras do Libro e o impulso á lectura

2019-10-08T22:59:44+00:00 08 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Solicitáronme hai algún tempo unha colaboración para a revista dixital Son de Letras, que edita a Federación de Librarías de Galicia. Déixoa aquí para as persoas que lles poida interesar a miña reflexión sobre as Feiras do Libro e o impulso á lectura. Grazas por brindarme a oportunidade de escribir sobre estes asuntos. Source: Caderno [...]

Alfredo de la Iglesia. O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de instituto, por Xesús Alonso Montero.

2019-10-08T18:02:36+00:00 08 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Xesús Alonso Montero Alfredo de la Iglesia. O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de literatura galega para escolares de instituto Real Academia Galega-Deputación de Pontevedra, 225 páxinas, 18 €   O profesor Xesús Alonso Montero ofrece unha descuberta realmente estimable tanto para a historia da pedagoxía galega como para a nosa [...]

Da Carapuchiña vermella a Nicolás cociña sen lume: dúas apostas pola integración a través da lectura e da educación

2019-10-02T20:40:34+00:00 02 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

  Só cómpre saudar con gratitude e admiración a aparición de dous volumes de lecturas en lingua galega como son A verdadeira historia da Carapuchiña Vermella, en versión de Antonio Rodríguez Almodóvar e ilustracións a cargo de Marc Taeger, por unha banda, e o título Nicolás cociña sen lume, con ilustracións de Alicia Suárez, ambos [...]

Un xardín de medio lado (antoloxía)

2019-10-01T20:05:13+00:00 01 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Marcus Daniel Cabada e Wladimir Vaz (org.) Un xardín de medio lado. Antoloxía Urutau, Pontevedra-Bragança Paulista (Brasil), 112 páxinas, 12 €, 2019   Recibe o Caderno da crítica algunhas das novidades do selo Urutau que resulta, hoxe por hoxe, unha das plataformas editoriais centradas na poesía que conta cunha maior proxección en canto á continuidade [...]

Mudanza, de Xurxo Chapela

2019-09-30T20:10:51+00:00 30 / 09 / 2019|Caderno da crítica|

Xurxo Chapela Mudanza Positivas, Santiago, 38 páxinas, 6 €, 2019 Xurxo Chapela publica un libro, tras o seu Lémbrome -un libro deses polos que non pasa o tempo-, baixo o título de Mudanza, feliz e probablemente inclasificable, que abala entre o discurso narrativo e o poético. No fondo, talvez, tanto teña que se interprete ou considere dun [...]

Lobísimo do saco, de Bernardino Graña

2019-09-27T16:01:35+00:00 27 / 09 / 2019|Caderno da crítica|

Bernardino Graña Lobísimo do saco Galaxia, Vigo, 232 páxinas, 13 €, 2019 Cumpre hoxe oitenta e sete anos Bernardino Graña e farao asistindo á presentación dun novo libro seu nunha libraría da cidade de Vigo onde un grupo de persoas queremos que este encontro sexa unha celebración festiva para renderlle unha pequena homenaxe. De Bernardino [...]

Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, de Xulio Pardo de Neyra

2019-09-21T11:05:35+00:00 21 / 09 / 2019|Caderno da crítica|

Xulio Pardo de Neyra Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única Edicións Embora, Ferrol, 328 páxinas, 22 €, 2019   Cumprirá prestarlle a atención que merece á figura e mais á obra de Carvalho Calero: historiador da nosa literatura, crítico, narrador, poeta, filólogo, profesor e tantas cousas máis, que protagonizará o [...]

Load More Posts