CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO

Inicio/CRÍTICA LITERARIA EN GALEGO

Shangai a Barcelona, de Amador Castro Moure

2019-10-28T09:12:17+00:00 28 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Amador Castro Moure Shangai a Barcelona Xerais, Vigo, 200 páxinas, 17 €, 2019   Afirmou Amador Castro o pasado sábado, na entrega do premio Xerais de Novela, que a idea inicial da proposta suxeriulla unha noticia de xornal que falaba da morte do derradeiro habitante dunha aldea. E isto, quer dicir, a soidade máis absoluta [...]

Franco na voz de Celso Emilio Ferreiro e Bernardino Graña

2019-10-23T21:04:36+00:00 23 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

A memoria é fráxil e cómpre cultivala. Afirmo isto con toda a miña convicción porque  día a día xorden actitudes que reivindican os valores (sic) dun ditador como foi Franco: cruel e sanguinario sempre, por moito que adocen a súa dimensión máis doméstica ou familiar nos últimos tempos, mesmo nalgunha película recente moi gabada. Os debuxos [...]

A fita azul, de Mon G. Buhigas

2019-10-22T20:59:05+00:00 22 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Mon G. Buhigas A fita azul (ilustracións de Ana G. Buhigas) Galaxia, Vigo, 64 páxinas, 17,50 €, 2019   A fita azul é un libro dun poeta, un poeta de quen lera hai algúns anos un libro estimable como é Doce. E nesa liña A fita azul é un libro dun poeta que, nesta ocasión, atopou [...]

A peregrina gastrónoma, de María Canosa

2019-10-22T14:39:50+00:00 22 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

María Canosa A peregrina gastrónoma Somos Libros, Barcelona, 129 páxinas, 19 €, 2019   A cada vez máis próxima chegada do vindeiro Xacobeo 2021 constata a vagorosa aparición de diversos librosque  poñen o foco de interese nas múltiples posibilidades que encerra a súa realidade histórica e a súa celebración. Unha mostra desta tendencia é a [...]

Pequenos da casa / Pequenos salvaxes, de J. Miller

2019-10-21T20:54:39+00:00 21 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Jonathan Miller Pequenos da casa / Pequenos salvaxes Kalandraka, Pontevedra, 8 páxinas, 18 € (cada título), 2019.   Kalandraka segue a innovar no ámbito editorial e aborda con estes dous libros unha verdadeira necesidade no ámbito do pre-lectorado como é o de ofrecer un material conformado por libros de tea que reproduce animais domésticos e [...]

Non deixes que a tardiña me sorprenda. Antoloxía poética, de Fiz Vergara Vilariño

2019-10-17T22:38:05+00:00 17 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Fiz Vergara Vilariño Non deixes que tardiña me sorprenda. Antoloxía poética (edición de Yago Rodríguez Yáñez) Galaxia, Vigo, 306 páxinas, 17,90 €, 2019.   Resultoume unha verdadeira regalía volver á poesía de Fiz Vergara Vilariño grazas este nunca ben ponderado traballo de Yago Rodríguez Yáñez, responsable tanto do estudo previo como da escolla e fixación [...]

Homaxe a José Ángel Valente

2019-10-16T16:54:15+00:00 16 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

VV.AA. Homaxe a José Ángel Valente Editions Impossibles-Sociedade A Nosa Galiza, Xenebra, 52 páxinas, 2001.   Chegou ao meu correo hai algúns días esta publicación que supuxo unha enorme alegría para min e que hoxe incorporo ao blog. Editado impecablemente, na mellor das tradicións do prelo centroeuropeo, polas Editions Impossibles en colaboración coa Sociedade A [...]

Santiago de Compostela desde dentro, de Marilar Aleixandre

2019-10-15T16:14:13+00:00 15 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Marilar Aleixandre Santiago de Compostela desde dentro Alvarellos, Santiago, 108 páxinas, 14,90 €, 2019   Gustei moito desta proposta, acollida á estrutura de guía, que publica Alvarellos da man de Marilar Aleixandre. Gustei, talvez, porque respectando o formato habitual que un agarda deste xénero está concibida por principios que a fan distinta e, abofé, interesante [...]

Partituras, de Xoán C. Domínguez Alberte e Mercedes Queixas

2019-10-14T18:18:51+00:00 14 / 10 / 2019|Caderno da crítica|

Xoán C. Domínguez Alberte e Mercedes Queixas Partituras Laiovento, Santiago,  134 páxinas, 14 €, 2019   Hai certa tradición, e ao meu ver brillante, que contempla a creación poética como diálogo e interacción a dúas voces. Velaí exemplos como os que ofreceron no seu día  H. Villar Janeiro e X. Rábade Paredes,  Xavier Seoane e [...]

Load More Posts