Novenoites

Susi Arnela e os senlleiros bebedores e vagabundos de Xuvino

2017-05-19T09:24:33+00:00 05 / 05 / 2017|Novenoites|

Fin de Festa Diana Varela Puñal Edicións Laiovento, 2ª edición, Santiago de Compostela, 2017, 85 páxinas.   Cunha nova portada na que Diana Varela Puñal homenaxea a seu avó e padriño, Suso Puñal, un traballo ao xeito de introdución asinado polo profesor Luís Antonio Guiadás, responsable asemade dun glosario de cormelanismos e de topónimos de [...]

Pintora nun mundo de homes. Un amplo e documentado fresco

2017-05-19T09:24:36+00:00 30 / 04 / 2017|Novenoites|

Aníbal e a Pintora Xabier Paz Edicións Xerais, Vigo, 2017, 370 páxinas.   Agasállanos, unha vez máis, Xabier Paz cunha novela histórica porque os personaxes históricos, pensa o escritor, son coma un molde onde se poden verter todos os problemas do ser humano. Unha novela, Aníbal e a Pintora, que é o segundo chanzo da [...]

Literatura necesaria. A barbarie en letra miúda

2017-05-19T09:24:45+00:00 13 / 04 / 2017|Novenoites|

Os tres de nunca Nacho Taibo Edicións Xerais, Vigo, 2027, 565 páxinas.   Non é a primeira vez nin seguramente será a derradeira na que unha novela recupera as pavorosos atrocidades que tiveron lugar durante a Guerra Civil española. O que os xuíces teñen prohibido, fano de xeito loable historiadores e narradores. Un tipo de [...]

Bruídos contra o desacougo distópico

2017-05-19T09:24:49+00:00 07 / 04 / 2017|Novenoites|

Últimos bruídos Marga Tojo Ilustración da capa: Loi Fernández Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2016, 43 páxinas.   Marga Tojo debuta na literatura cunha peza literaria que non acostuma ser o xénero máis doado, mais si o máis natural, porque, como afirma a autora, ela tamén escribiu versos desde nena. Cativouna desde sempre o poder [...]

Desde a terraza

2017-05-19T09:24:54+00:00 26 / 03 / 2017|Novenoites|

Terraza Fran Alonso Edicións Xerais. Vigo, 2017, 76 páxinas   Ollar a vida desde a terraza. Eis a sustancia e o vórtice textual de Terraza, o último poemario de Fran Alonso, autor dunha obra importante tanto en narrativa como en poesía. Un macrotexto no que o escritor vigués se mergulla de cheo nas pucharcas máis [...]

Vivaces e vivenciais. Minúsculas alfaias literarias

2017-05-19T09:25:04+00:00 14 / 03 / 2017|Novenoites|

O alfaite portugués Xavier Senín Editorial Galaxia, Vigo, 2016, 200 páxinas   Xavier Senín, autor de O alfaite portugués, é un escritor cun currículo profesional vencellado ao mundo do ensino e do libro  como editor, tradutor e dinamizador cultural e mesmo institucional en varios gobernos galegos. Neste volume achégalle ao lector noventa relatos curtos que [...]

Carlos Casares: os últimos agasallos

2017-05-19T09:25:06+00:00 09 / 03 / 2017|Novenoites|

Carlos Casares Tal día como hoxe, o 9 de marzo de 2002, finaba en Nigrán Carlos Casares, un dos grandes contadores de historias da literatura galega; os escritor ao que lle está dedicado o Día das Letras Galegas deste ano. Non se ía, porén, a súa memoria porque a súa obra permanece viva entre nós. [...]

Pracenteira lectura. Homenaxe á memoria vilega limiá

2017-05-19T09:25:15+00:00 21 / 02 / 2017|Novenoites|

A ferida do vento Antón Riveiro Coello Editorial Galaxia, Vigo, 2016, 140 páxinas.     No breve treito dunha semana concentra Antón Riveiro Coello a transición da infancia á adolescencia do protagonista de A ferida do vento, Antón, alter ego do mesmo autor. Malia que sexa unha reconstrución inventada, con mestura de realidade e ficción que [...]

Testemuño comunal. Nunha xeira de iniquidade

2017-05-19T09:25:20+00:00 05 / 02 / 2017|Novenoites|

Acta de vítimas Victoriano Gutierrez Aller Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 2016, 233 páxinas. Cunha historia aparentemente ficcional na súa trama argumental e nos seus personaxes, se ben con algúns apuntamentos verídicos e inspirándose en veciños anónimos de Lalín para crear algúns personaxes, debuta na narrativa galega Victorino Gutiérrez Aller, un xurista de recoñecido prestixio [...]

Dous agasallos de Xosé Vázquez Pintor

2017-05-19T09:25:22+00:00 08 / 01 / 2017|Novenoites|

Bicos Xosé Vázquez Pintor Edicións Fervenza, Silleda, 2016,74 páxinas.   Meses de tullas cheas foron os derradeiros de 2016 para Xosé Vázquez Pintor. Dous meirós literarios -“libros desta xeira de morriña”, así os nomea o autor-  que saíron, galanos dos prelos de Edicións Fervenza: Bicos e Nos espazos  do soño. Os dous, alfaias da escrita [...]

Load More Posts