Novenoites

Sabuxo nun mundo ido

2017-07-23T17:03:19+00:00 23 / 07 / 2017|Novenoites|

Terradentro Xosé Benito Reza Edicións Xerais, Vigo, 2017, 374 páxinas.     De novo debuta en Edicións Xerais un narrador serodio que procede do mundo da ciencia, do estudo e conservación da natureza aos que ten contribuído con salientables traballos ensaísticos. Terradentro é a súa primeira obra de ficción. Refírome a Xosé Benito Reza (Celanova, 1956) [...]

Novela homenaxe

2017-07-04T22:01:55+00:00 04 / 07 / 2017|Novenoites|

O Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. Así o acordou a Real Academia Galega o pasado día 17 de xuño. Reproduzo aquí una breve recensión verbo da primeira obra literaria de María Victoria Moreno, publicada o día 9 de xullo de 2009 no [...]

Segredos composteláns. Para unha amena lectura

2017-06-23T23:07:12+00:00 23 / 06 / 2017|Novenoites|

Once portas Héctor Cajaraville Edicións Xerais, Vigo, 2017, 103 páxinas.     Héctor Cajaraville é un xornalista que irrompeu con paso firme e pouco menos que acelerado na narrativa galega. Desde o ano 2015, leva publicadas seis novelas. Un autor ademais versatil que frecuenta con igual competencia a novela para adultos e aqueloutra que tamén poden [...]

Atavismos da tribo

2017-06-18T19:17:04+00:00 18 / 06 / 2017|Novenoites|

Terra queimada Ramón Caride Edicións Embora, Ferrol, 2017, 84 páxinas  En pacífica coincidencia e convivencia con outro título da narrativa de noso, rotulado tamén Terra queimada, publicado hai vinte anos e da autoría de Xesús Manuel Marcos, ao que Ramón Caride lle dedica este libro, vén de ver luz a última entrega narrativa de Ramón [...]

Relatos eróticos en voces galegas

2017-06-14T18:33:20+00:00 14 / 06 / 2017|Novenoites|

Abadessa oí dizer Relatos eróticos de escritoras da Galiza Varias autoras Através Editora, Santiago de Compostela, 2017, 111 páxinas.  Baixo a epígrafe dun escarnio obsceno de Afons’Eanes de Cotón (“Abadessa oí dizer”) e a chamada de Carmen Blanco (“Saúde mulheres, quero-vos lobas livres”), nove autoras galegas responderon ao pedido de Através Editora e escribiron cadanseu [...]

Historia e fabulación. Con habelencioso manexo

2017-06-02T21:07:05+00:00 02 / 06 / 2017|Novenoites|

O Códice esmeralda Alberte Blanco Edicións Xerais, Vigo, 2017, 419 páxinas.   O Códice esmeralda é a tardega peza de ficción coa que recunca  Alberte Blanco na narrativa de longo alento. Fixérao con anterioridade en estudos e ensaios relacionados co mundo forestal e en relatos autobiográficos. A novela que arestora publica Edicións Xerais, é unha [...]

Clavícula

2017-05-19T09:24:29+00:00 12 / 05 / 2017|Novenoites|

Marta Sanz  Poeta e  narradora, “narradora proteica, astuta novelista” en palabras de Rafael Chirbes coas que definía a Marta Sanz, ganadora do Premio Herralde de Novela e finalista do Nadal no ano 2006; practicante, nalgunha das súas obras, da literatura do eu, percibidas, porén, como pezas de ficción. Faino de xeito reduplicativo na súa última [...]

Susi Arnela e os senlleiros bebedores e vagabundos de Xuvino

2017-05-19T09:24:33+00:00 05 / 05 / 2017|Novenoites|

Fin de Festa Diana Varela Puñal Edicións Laiovento, 2ª edición, Santiago de Compostela, 2017, 85 páxinas.   Cunha nova portada na que Diana Varela Puñal homenaxea a seu avó e padriño, Suso Puñal, un traballo ao xeito de introdución asinado polo profesor Luís Antonio Guiadás, responsable asemade dun glosario de cormelanismos e de topónimos de [...]

Pintora nun mundo de homes. Un amplo e documentado fresco

2017-05-19T09:24:36+00:00 30 / 04 / 2017|Novenoites|

Aníbal e a Pintora Xabier Paz Edicións Xerais, Vigo, 2017, 370 páxinas.   Agasállanos, unha vez máis, Xabier Paz cunha novela histórica porque os personaxes históricos, pensa o escritor, son coma un molde onde se poden verter todos os problemas do ser humano. Unha novela, Aníbal e a Pintora, que é o segundo chanzo da [...]

Load More Posts