Criticalia

Resiliencia

2017-08-31T08:40:43+00:00 31 / 08 / 2017|Criticalia|

Lorena Conde (Ponte Sampaio, 1980) é artista ben coñecida no eido da dramaturxia galega, pois á súa andaina como actriz suma as facetas de directora, guionista, deseñadora gráfica, atrezzista, escenógrafa e didacta escénica. Mais a esta dedicación engade unha outra na que brilla con igual talento, a da escrita lírica, ámbito no que acaba de [...]

A flor da alegría

2017-08-27T08:50:17+00:00 27 / 08 / 2017|Criticalia|

Arcadio López-Casanova é un clásico en vida, un deses poetas nos que un país pode ollarse con orgullo e que fan que unha lingua dure, si, mil primaveras máis. Acontece que, alén de extraordinario poeta, López-Casanova ten cultivado con grande acerto outros xéneros, nomeadamente o ensaístico, mais tamén ―e sobre este particular quero determe agora― [...]

Verdade e memoria

2017-08-15T08:32:14+00:00 15 / 08 / 2017|Criticalia|

Perdoar é un acto de xenerosidade. Esquecer a máis aborrecible das indolencias.  A procura da verdade, a restitución da dignidade e o recoñecemento dos erros pasados non poden ser nin obviados nin procrastinados. Neste país noso houbo xeiras luminosas, episodios de gloria que, con razón, deben enchernos de orgullo. Mais tamén existiron episodios escuros, horas [...]

Outro xeito

2017-07-27T13:01:58+00:00 27 / 07 / 2017|Criticalia|

A escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie (1977) é unha narradora de proxección internacional que, de seguro, soará a moitos dos que lean estas liñas. Haberá incluso quen teña lido algunhas das súas estupendas novelas Purple Hibiscus (2003), Half of a Yellow Sun (2006) e Americanah (2013) ou os relatos recollidos en The Thing Around Your [...]

A vida que supura

2017-07-11T07:38:37+00:00 11 / 07 / 2017|Criticalia|

Levo dito por activa e por pasiva que a situación do teatro galego é heroica: apoios limitados, moi mellorable presenza pública, importantes dificultades para a representación e edición. Así as cousas, os poucos textos que van vendo luz cada ano deben recibirse como auga de oasis. Son unha sorte de feliz miraxe no medio dun [...]

Falar con Deus

2017-06-29T09:36:58+00:00 29 / 06 / 2017|Criticalia|

Estes últimos días acompañoume a lectura de O alfaiate portugués, volume de prosas do tradutor e escritor Xavier Senín que tirou do prelo a Editorial Galaxia na súa colección Literaria. O certo é que unha parte dos textos contidos no libro éranme familiares por telos ido lendo no seu día nas páxinas de El Correo [...]

Luces no avesío

2017-06-22T11:55:07+00:00 22 / 06 / 2017|Criticalia|

Tiven a fortuna de ler A candidata cando aínda era un orixinal que haberiamos de distinguir co último Premio Manuel García Barros de Novela, así que podo dicir con fundamento que sei dende a primeira hora da súa poderosa prosa, inzada de atractivos e valores tanto polo universo que recrea coma pola particular estilística coa [...]

Load More Posts